Capela do Hospital

Selected for Google Maps and Google Earth

03/08/2001 Comeza a reconstrución da vella Capela do Hospital de Cangas O edificio, levantado en 1711 asociado a un centro para peregrinos e transeúntes, foi derrubado en 1965 Trinta e seis anos despois do seu polémico derribo iniciase, co acto simbólico da colocación da primeira pedra, a reconstrución da Capela do Hospital, unha obra que financian o Ministerio de Fomento (20 millóns), Caixanova (14) e o Concello de Cangas (4). Eugenio Eiroa, representante da Comisión prol-capela, o alcalde cangués e o subdirector da entidade de aforros protagonizaron o acto. Consérvase, aproximadamente, un 40% das pedras máis importantes do edificio.

MARTA G. BREA J.SANTOS CANGAS Pasaron 36 anos dende o seu derribo, un derrube polémico que incluso implicou detencións dalgúns veciños que mostraron o seu rexeitamento á perda dun ben patrimonial que alguén cualificou como o «casino dos pobres». A Capela do Hospital foi construída en 1711 sobre outro templo máis antigo. Mandouna edificar Gonzalo de Nogueira e Araújo, do que se conserva o seu escudo, unha das pezas máis importantes da fachada. Estaba situada no centro de Cangas, na rúa que a principios do século XX recibiu o nome do médico Eugenio Sequeiros Matos. Onte, directivos de Caixanova e o alcalde cangués asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade bancaria se compromete a financiar parte do orzamento. O resto custéao Fomento. O Concello de Cangas achega unha pequena parte. A Capela é un pequeno edificio que naceu asociado a un hospital de pelegríns. A fachada ten uns 9 metros e o fondo, 14,50. A altura da nave é de catro mestros, que se incrementa ata cinco nas alemenas e a preto de oito no campanario. A superficie exterior rolda os cen metros e a útil, aproximadamente oitenta. O uso que se vai dar ao edificio será de sala de exposicións e, eventulamente, relixioso. O alcalde rexeita a idea de destinala, como se barallou no seu momento, a oficina de turismo. O derribo da capela acordouse nunha sesión plenaria celebrada o 18 de xuño de 1965. Previamente, a petición, cursada sucesivamente polo propietario, Camilo Enríquez, o párroco de Darbo, Bernardo Fariña, e polo alcalde de Vigo, na súa calidade de presidente da Caixa de Aforros (hoxe NGB), fora desestimada. O acordo tomouse despois de que o Goberno Civil cesara ao alcalde, Camiña Bastos.

Show more
Show less
Save Cancel Want to use bold, italic, links?

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on June 26, 2008
  • © All Rights Reserved
    by © daniel p@redes
    • Camera: SONY DSC-T9
    • Taken on 2008/06/21 08:31:19
    • Exposure: 0.006s (1/160)
    • Focal Length: 6.33mm
    • F/Stop: f/3.500
    • ISO Speed: ISO80
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups