Panoramio is closing. Learn how to back up your data.

Capela do Hospital

03/08/2001 Comeza a reconstrución da vella Capela do Hospital de Cangas O edificio, levantado en 1711 asociado a un centro para peregrinos e transeúntes, foi derrubado en 1965 Trinta e seis anos despois do seu polémico derribo iniciase, co acto simbólico da colocación da primeira pedra, a reconstrución da Capela do Hospital, unha obra que financian o Ministerio de Fomento (20 millóns), Caixanova (14) e o Concello de Cangas (4). Eugenio Eiroa, representante da Comisión prol-capela, o alcalde cangués e o subdirector da entidade de aforros protagonizaron o acto. Consérvase, aproximadamente, un 40% das pedras máis importantes do edificio.

MARTA G. BREA J.SANTOS CANGAS Pasaron 36 anos dende o seu derribo, un derrube polémico que incluso implicou detencións dalgúns veciños que mostraron o seu rexeitamento á perda dun ben patrimonial que alguén cualificou como o «casino dos pobres». A Capela do Hospital foi construída en 1711 sobre outro templo máis antigo. Mandouna edificar Gonzalo de Nogueira e Araújo, do que se conserva o seu escudo, unha das pezas máis importantes da fachada. Estaba situada no centro de Cangas, na rúa que a principios do século XX recibiu o nome do médico Eugenio Sequeiros Matos. Onte, directivos de Caixanova e o alcalde cangués asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade bancaria se compromete a financiar parte do orzamento. O resto custéao Fomento. O Concello de Cangas achega unha pequena parte. A Capela é un pequeno edificio que naceu asociado a un hospital de pelegríns. A fachada ten uns 9 metros e o fondo, 14,50. A altura da nave é de catro mestros, que se incrementa ata cinco nas alemenas e a preto de oito no campanario. A superficie exterior rolda os cen metros e a útil, aproximadamente oitenta. O uso que se vai dar ao edificio será de sala de exposicións e, eventulamente, relixioso. O alcalde rexeita a idea de destinala, como se barallou no seu momento, a oficina de turismo. O derribo da capela acordouse nunha sesión plenaria celebrada o 18 de xuño de 1965. Previamente, a petición, cursada sucesivamente polo propietario, Camilo Enríquez, o párroco de Darbo, Bernardo Fariña, e polo alcalde de Vigo, na súa calidade de presidente da Caixa de Aforros (hoxe ABANCA), fora desestimada. O acordo tomouse despois de que o Goberno Civil cesara ao alcalde, Camiña Bastos.

Show more
Show less

Photo details

  • Uploaded on June 26, 2008
  • © All Rights Reserved
    by daniel paredes rodas
    • Camera: SONY DSC-T9
    • Taken on 2008/06/21 08:31:19
    • Exposure: 0.006s (1/160)
    • Focal Length: 6.33mm
    • F/Stop: f/3.500
    • ISO Speed: ISO80
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash