Esfolhada

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

Eladio Cortizo on November 9, 2009

O millo é un dos productos fundamentais do campo na Galiza e norte de Portugal, o que non é de estrañar se se ten en conta que, en realidade, o que ocorreu foi que veu a sustituir a outra planta semellante: o paínzo. Xa na cultura dos castros era cultivado o paínzo, como o comproba o achádego de sementes torradas destes grans que, procedentes das citanias, se gardan no Museu Leite de Vasconcellos, Portugal. É de supor que o uso do paínzo se non interrompeu xa que o atopamos moito despois citado no século XIII, no Cancioneiro da Vaticana, e a el alude, sen dúbida, unha miniatura das Cántigas de Alfonso X que representa uns canastros cheos de espigas. Foi bastante despois do descubrimento das Americas que veu o millo a Galiza. Polos traballos de Bouza Brey sabemos que o primeiro millo veu no ano 1604 traído polo Almirante Don Gonzalo de Castro e a súa muller Dona Magdalena de Luaces. O millo veu en dúas arcas pelo menos; unha perdeuse no século pasado, mais a outra consérvase en Casariego, no oeste de Asturias, de donde era o Almirante. Este gran trouxérono de Florida e el sementouno na súa terra namentras a muller o facia en Mondoñedo, a súa patria. Pouco a pouco foi inzando o millo e xa no primeiro tercio do século XVII aparece documentado nas provincias de Lugo e a Coruña, entrando na de Ourense xa ben andado o século e non aparecendo quizais nalguhas terras da montaña. Seguramente este gran trouxo consigo o nome indíxena de maíz, mais ese nome non prendeu aquí e déuselle o mesmo que tiña o vexetal ó que viña sustituir: millo. Entón, para distinguir un do outro, modificáronse os nomes, chamándolle o vello paínzo, millo miúdo, millo dos paxaros...e ó novo millón, millote, millo grande, millo gordo, millo graudo e aínda curiosa forma, influida polo nome indíxena, de maínzo. Logo, o ir predominando, quedou o nome de millo para o importado e o de paínzo ou millo miúdo para o outro, que xa hoxe case que non se cultiva, sementándose algún pé por curiosidade nada máis. (Xaquín Lorenzo :A Terra - Editorial Galaxia)

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Eladio Cortizo
36206 Vigo, España

Photo details

  • Uploaded on October 2, 2008
  • © All Rights Reserved
    by Eladio Cortizo
    • Camera: OLYMPUS IMAGING CORP. u840,S840
    • Taken on 2008/10/01 15:45:38
    • Exposure: 0.002s (1/500)
    • Focal Length: 6.40mm
    • F/Stop: f/5.000
    • ISO Speed: ISO64
    • Exposure Bias: -0.30 EV
    • No flash

Groups