Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo II

Selected for Google Maps and Google Earth

A entrada ó mosteiro, como era tradicional, sitúase na súa fachada setentrional, formando ángulo recto coa da igrexa. A portada, barroca, está formada por unha porta alintelada entre pilastras acanaladas, coroada por unha cornixa sobre a que se encontra o escudo da Congregación de Castela, con pináculos de bolas pegados lateralmente. Tras cruzar un amplo vestíbulo con bóveda de casetóns, accédese a un patio que debeu de ser o claustro da Hospedaría ou dos Cabaleiros, do que só queda unha arcada de catro arcos de medio punto con esveltas columnas. Sobre esta ábrese unha solaina orientada ó sur con balaústre entre columnas, aparentemente de finais do século XVI. No lado oriental deste patio, actualmente aberto por dous lados, encóntrase a entrada á escaleira de honor, e á súa dereita as antigas cortes de cabalos, cos seus presebes aliñados no muro, como pode observarse nos planos, o que parece confirmar a hipótese dun patio ou claustro de entrada hoxe desaparecido. O claustro Regular, de sobrio aire clasicista, iniciado seguramente na segunda metade do século XVI e rematado posiblemente no 1663 -5-, consérvase en parte, aínda que parcialmente modificado, con intervencións máis ou menos discutibles. En datas relativamente recentes vendéronse as alas leste e sur, nas que irían situadas salas tan importantes como a capitular e o refectorio e só queda parte da arcada sur. As alas norte e oeste están compostas de dous corpos de arcadas superpostos, a inferior con arcos de medio punto sobre columnas cunha simple imposta de capitel e cunha sinxela base apoiada nun zócolo corrido. A superior organízase con arcos carpanel e antepeitos macizos de cantería entre columnas, como as inferiores. Na esquina nordeste do claustro consérvase, tapiada, a porta que o comunicaba coa igrexa, cunha escalinata curva que salva o desnivel existente.

Show more
Show less
Save Cancel Want to use bold, italic, links?

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

WorldSpainGalicia

Photo taken in 32730 Xunqueira de Espadanedo, Province of Ourense, Spain

Photo details

  • Uploaded on April 20, 2009
  • © All Rights Reserved
    by o0_oscar_0o
    • Camera: SONY DSLR-A200
    • Taken on 2009/03/14 18:26:46
    • Exposure: 0.010s (1/100)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/10.000
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups