Igrexa do Mosteiro de Xunqueira de Espadañedo -para ampliar-

Selected for Google Maps and Google Earth

A igrexa abacial ten planta basilical, con tres naves de cinco tramos, a central de maior anchura, e cabeceira de tres ábsidas aliñadas semicirculares, a central precedida por un tramo recto. Dos oito piares exentos, os catro primeiros sufriron modificacións, seguramente pola instalación do coro alto á entrada do templo, obra realizada ó incorporarse á Congregación de Castela -3-. Os outros catro son de planta cuadrangular, con columnas pegadas lateralmente, salvo no lado da nave central. Os capiteis, como en xeral toda a decoración do templo, responden ós ideais de sobriedade de San Bernardo de Claraval, aínda que non renuncian a motivos variados, como entrelazados, vexetais, cunchas e incluso torreóns. Destes capiteis arrancan os arcos formeiros, que son de medio punto, excepto os da entrada, que son apuntados, coma os transversais das naves laterais. Os arcos transversais da nave central, tamén apuntados, arrancan de capiteis en ménsula a maior altura cós anteriores, e sobre eles e os das naves laterais apóiase un teitume de madeira.

Accedese á capela maior a través dun arco triunfal dobrado e apuntado. O seu primeiro tramo, rectangular, cóbrese con bóveda de canón apuntado, e o segundo, semicircular, con bóveda de cuarto de esfera separadas por un arco. As capelas laterais, precedidas tamén de arcos dobrados, pero de medio punto, cóbrense con bóvedas de cuarto de esfera. Os arcos das tres capelas apóianse en columnas pegadas con capiteis análogos ós do resto da igrexa.

Show more
Show less
Save Cancel Want to use bold, italic, links?

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

WorldSpainGalicia

Photo taken in 32730 Xunqueira de Espadanedo, Ourense, Spain

Photo details

  • Uploaded on June 24, 2009
  • © All Rights Reserved
    by o0_oscar_0o
    • Camera: SONY DSLR-A200
    • Taken on 2009/03/14 18:13:45
    • Exposure: 0.250s (1/4)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/3.500
    • ISO Speed: ISO400
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups