Encoro de Belesar

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

Eladio Cortizo on November 9, 2009

Nos anos 60 construíronse grandes encoros que, en beneficio teoricamente dos galegos, ían producir enerxía que despois consumiriamos. O único que se conseguiu foi unha explotación irracional dos nosos recursos. A cola do encoro de Belesar chega a 50 km do muro, asolagando terras fértis e unha fermosa vila na ribeira do Miño, Portomarín, que fora declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1946. Tiña unha ponte romana e unha igrexa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila, pero que aínda así semella estar disconforme co lugar, lonxe do contexto e fora da concordia que tinha cando estaba perto do río. O 9 de xaneiro de 1963 celebrouse por última vez a feira no vello Portomaín, mentras as augas do encoro comenzaban a inundar a milenaria vila. A subida do río, acelerada polas intensas choivas, sorprendeu a moitos veciños que fixeron a mudanza de maneira atropelada e desordenada, que non fixo senón incrementar a consternación xeral, e xerar dias de tristeza e lágrimas. Hoxe todo esta cuberto polas augas do Encoro de Belesar que asolagou tantas realidades vivas.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Eladio Cortizo
36206 Vigo, España

Photo details

  • Uploaded on October 30, 2009
  • © All Rights Reserved
    by Eladio Cortizo

Groups