Fachós 2010

Not selected for Google Earth or Google Maps after a second review [?]

Comments (1)

maiscargadadebombo on January 20, 2010

A festa dos Fachós

A festa dos fachós celébrase tódolos 19 de xaneiro, víspera do S Sebastian, en Castro Caldelas.

ORIXE

As explicación sobre a orixe desta festa son diversas. A máis extendida fala dunha reunión entre os fieles que se ofreceron a San Sebastian aló polo ano 1753 para ver se lle ofrecía algunha solución para a peste que os acechaba. O santo, según din os libros parroquiais, lles enviou unha mensaxe para que recorresen a vila queimando as pertenzas dos apestados o que fixo que así acabaran coa peste. Outra teoría tamén relacionada coa igrexa fala da procesión de fieis que buscaban o corpo do martir S Sebastian. Vicente Risco falou dunha posible orixe celta desta festa, na que se lle rendía culto o sol e na que co lumme se axudaba ao Sol a recuperar a forza perdida no inverno. O único que se pode dicir con certeza é que se ven celebrando dende mediados do Séc XVIII.

A PROCESIÓN

Os veciños achegábanse ao luscofusco cada un co seu fachón ó carón da igrexa. Os fachós son feixes de palla que se leban verticalmente a xeito de antorcha. Os atadillos, movéndoos ou quitándoos serven para regular a cantidade de lume. Entre os fachós destaca o fachón grande, de un 30-35 metros, que se leva de xeito horizontal. Este é o que abre camiño recorrendo as rúas do Cima da Vila, rodeando o castelo para volver ó atrio onde se tiran o fachós nunha gran fogueira.

A FESTA NA ACTUALIDADE

Durante a longa noite de pedra a festa perdeu moita forza que foi recuperando con certas innovacións: 1 os concursos dos fachóns máis apañados e o máis longo (xa que houbo unha época na que houbo varios fachós grandes) 2 posteriormente o concello elaboraba unha queimada que contribuíu a que a xente se quedara máis tempo ó redor do lume 3 tamén se pasou a dar chourizos e bebida a tódolos asistente, o que sen dúbida foi o feito crucial para a recuperación desta festa 4 coa desaparición da palla tradicional o concello tivo que pasar a elaborar os fachós para repartilos entre os veciños e para elo primeiro mercaba a palla, pero ante a dificultade de atopalla agora sementase grao que se malla coa malladora para que o seu tamañño permita facer os fachós 5 a incorporación de múscicos tamén deu un pulo a esta festa

Para ver máis: Eladio Osorio Caserio da Castiñeira

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

WorldSpainGalicia

Photo taken in 32760 Castro Caldelas, Province of Ourense, Spain

Photo details

  • Uploaded on January 20, 2010
  • © All Rights Reserved
    by maiscargadadebombo
    • Camera: NIKON CORPORATION NIKON D60
    • Taken on 2010/01/19 03:57:48
    • Exposure: 0.125s (1/8)
    • Focal Length: 23.00mm
    • F/Stop: f/3.800
    • ISO Speed: ISO1600
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups