San Miguel de Eiré

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (7)

maiscargadadebombo on April 13, 2010

San Miguel de Eire tivo unha orixe monasquica, que se remonta ao Séc XII, ainda que hoxe sexa simplemente unha capela parroquial.

Destacan tres corpos: unha gran nave restangular cun robusto campanario (que ben semella unha torre), o ábside e por un dos laterais as paredes dun antigo anexo.

Foi declarada Monumento Histórico en 1964. Na actualidade a súa conservación é boa e pódese visitar preguntando na casa dunha veciña.

Se queres saber máis recomendoche estas dúas entradas: 1 e 2

© CTE2.ღ on April 14, 2010

Polo que veo...no paras eh!! non dá tempo contigo, estas ultimas de igrexas románicas gústanme, aínda que non che comente todas, véxoas, é un dos estilos que mas gustáronme sempre.

(agradécense os link)

** © CTE2.ღ **

maiscargadadebombo on April 21, 2010

A verdade é que non me dá nin tempo a min de colgalas

Pois se che gosta o Románico na Ribeira Sacra poraste as botas

Saúdos, Juan

o0_oscar_0o on April 22, 2010

Juan estasme a descobrer un mundo novo! Cantos recunchos interesantes. Teño que profundizar na ribeira sacra, que non teño ido máis ala dos mosteiros e vaia xoia que hai por ahí agochada. Agora que ata merquei un libro de rotas non teño perdon. Por agora anoto este, xa que tiña pensado achegarme aa ferreira a velo mosteiro e este queda preto. Ficarei atento as tuas subidas que son do mellor. Gracias por compartilas e un saudo

maiscargadadebombo on April 28, 2010

Eu o mosteiro non entrei porque ten so horario de mañá, para entrar a este tes que petar na casa do lado, moi recomendable. Onte andiben de rota e fixen de un par deles máis.

Bótalle un ollo a este mapa que fixo manolo (cesrioda castiñeira) con fotos miñas

Saúdos, Juan

o0_oscar_0o on April 28, 2010

Estou desxando velas novas fotos. Xa andiven a investigar estes días, e a verdade é que hai verdadeiras xoias que ata hai pouco descoñecía. A ver se me perdo un día por ese lares e vos amoso o meu punto de vista. Por certo Juan non me vai o enlace, e de suguro que está moi interesante. Un saudo

maiscargadadebombo on April 28, 2010

Tes razón non funciona. A Ver si así

Saúdos, Juan

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on April 13, 2010
  • © All Rights Reserved
    by maiscargadadebombo
    • Camera: NIKON CORPORATION NIKON D60
    • Taken on 2010/03/26 15:52:22
    • Exposure: 0.004s (1/250)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/8.000
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups