Da Ponte da Pedra ós Pasados do Veiro 43

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

pepe oliva on October 13, 2010

I. " Da Ponte da Pedra ós Pasados do Veiro" é unha andada de menos de tres kms.,ainda que é pra patas de cabra e/ou de corzo.O Arnoia,despoixa das contraciós das presas do Piepito e Corona,amósase debaixo da Ponte da Pedra como un recén nado.Bota unha sonada na Baira da Acea e,logo du unhes estiramentos nas Rías, métese na gorxa que il mesmo foi traballando entre os montes dos Castros e San Xillao.Salvadas as presas do Bernardo e da Central,chega o remanso da Ponte de Xunqueira e humíllase baixo os Pasados do Veiro pra seguir o seu peregrinar...

II. Dentro de esa gorxa,cada ano hai una loita titánica da auga ca pedra.A auga ataca,a pedra resiste.No vrau firman un armisticio pra deixarnos ver unha fermosa paisaxe despoixa da batalla,de tantas e tantas...A auga pasa,mansa e lambioteira, acariñando as mesmas pedras antes atacadas e hasta os amieiros,narcisos emperifollados,amóstranse dende o ceio as encoradas.Mais en canto repoña forzas a a auga volverá o ataque mentras os amieros,que son seus fillos,lle tiran a folla pra pasar desapercibidos.

III.Despois dos Pasados do Veiro,os nosos abós seguían a veira do río deica a feira de Allariz e ás romarías do Cristal e da Armada,as aboas a cesta do xantar a cabeza.Pero eran outros tempos e o Arnoia tiña outros carreiros e ben mallados.Nós contentarémosnos con darnos una lavadela no Bañiño e beber un trago de esa auga que fai milagres,como as nosas virxes,mentras rebobinamos tanta beleza, que non é pouco.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

WorldSpainGalicia

Photo taken in Xunqueira de Ambía, Province of Ourense, Spain

Photo details

  • Uploaded on September 7, 2010
  • © All Rights Reserved
    by pepe oliva
    • Camera: Canon EOS 400D DIGITAL
    • Taken on 2010/08/30 18:03:07
    • Exposure: 0.010s (1/100)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/5.600
    • ISO Speed: ISO400
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • Flash fired

Groups