A torre de Porqueira

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

maiscargadadebombo on September 23, 2010

A torre da Forxa formaba parte das catro fortificacións (Pena, Sandiás, Porqueira y Celme) que foron construídas entre os Séculos XI e XII co obxecto de previr os intentos de invasións de Afonso Henriques de Portugal.

No 1157 Afonso VII de Castela donouna ao bispado de Ourense, sendo confirmada posteriormente por Afonso IX de Castela en maio de 1204. O bispo estableceu na vila un mosteiro de frades xerónimos cuxo prior exercía xurisdicción sobre a vila de Forxa.

Na primavera de 1387, nas guerras de sucesión de Pedro I y Enrique II de Castela, a torre foi ocupada polo duque de Lancaster, e algúns anos máis tarde foi asaltada durante as Revoltas Irmandiñas, pero sen chegar a ser destruída.

Descrición

A torre actual é só parte dunha antiga e complexa fortaleza, levantándose no centro da plataforma que ocupaba dita fortificación, e da que só quedan vestixios dunha muralla arrasada.

A torre conserva o aparello orixinal so Século XII, coas inevitables erosións e un coroamento de ménsulas moi ben conservadas aínda que as almeas desapareceron. Diseminados por os seus muros aparecen unha serie de ventanucos.

O acceso realízase por unha porta situada en altura para facilitar a defensa, ao que actualmente se lle engadiu unha escaleira de pedra.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on September 23, 2010
  • © All Rights Reserved
    by maiscargadadebombo
    • Camera: NIKON CORPORATION NIKON D60
    • Taken on 2010/05/20 11:05:37
    • Exposure: 0.020s (1/50)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/11.000
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups