Santo Estevo de Sandiás

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

maiscargadadebombo on September 24, 2010

A igrexa de Santo Estevo de Sandiás caracterízase por ter un estilo singular, difícil de encontrar en Galicia, o gótico tardío. A súa construcción remóntase ao Século XVI, alá polo ano 1520, a mans do mestre de cantería portugués Bartolome de Nosende. O templo consta dunha soa nave con ábsida cuadrangular, destacando a bóveda de crucería que se sitúa sobre o altar. No exterior o máis sinalable é a portada Manuelina, un estilo artístico portugués pouco frecuente en Galicia e que denota a orixe do mestre canteiro. Podemos observar ademais, á beira da igrexa, a casa reitoral, construída a mediados do século XVIII e que xunto co cruceiro e a igrexa forman un conxunto histórico-artístico de especial interese e indubidable valor. Con todo, a xoia real desta igrexa constitúea o seu retablo, mandado construír por D. Pedro Pimentel, señor de Sandiás naquela época. A súa construción está datada nos anos 1603-1607 polo escultor Francisco de Moure, o tallador Xoán Fernández O Mozo e o pintor Francisco Feijoo. É un dos poucos retablos tardomanieristas que chega ata a actualidade completo, caracterizado pola forza expresiva das súas imaxes. Está formado por dous corpos, tres rúas e un ático onde destacan figuras como as de San Pedro e San Paulo ou as de San Francisco, Santo Estevo e San Lourenzo. Ademais, a base do retablo presenta un conxunto de pinturas manieristas sobre escenas da Anunciación, A Visitación, os Catro Doutores da Igrexa e tamén de varias santas.

Aquí, la información orignal en castellano

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on September 24, 2010
  • © All Rights Reserved
    by maiscargadadebombo
    • Camera: NIKON CORPORATION NIKON D60
    • Taken on 2010/05/20 12:23:19
    • Exposure: 0.005s (1/200)
    • Focal Length: 38.00mm
    • F/Stop: f/5.600
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups