Capela dos Santos Reis

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

pepe oliva on February 14, 2011

"A Capela dos Santos Reis, situada no barrio do Valado (Bueu), pertence ao Pazo de Castrelo e foi fundada no ano 1686 por Fernando de la Rúa y Freire, reitor de Bueu e señor de Santa Cruz. No ano 1948, logo de moito tempo derrubada, a Corporación municipal de Bueu refundou a capela, no mesmo lugar orixinal, coa obra escultórica de Urbano Lugrís inspirada en motivos mariños. Unha pegada máis da obra do artista en Bueu.

A Asociación Cultural Santos Reis recuperou a tradición de congregar cada 6 de xaneiro visitantes que amosan en sinal de gratitude os agasallos traídos polos Magos de Oriente, proban o tradicional chocolate con roscón e poden admirar a obra remodelada por Lugrís que abre as portas unicamente nesa data. A visita constitúe un óptimo agasallo de Reis"(fonte: Rua do Sol). Unha preciosidá. Xa non digo pra rezar. Tamén pra pensar. Saúdos.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on February 13, 2011
  • © All Rights Reserved
    by © daniel p@redes

Groups