Divinas Palabras en La Corte de los Milagros

Not selected for Google Earth or Google Maps [?]

Comments (1)

pepe oliva on October 5, 2011

Dende o 30 de Agosto ó 8 de Setembro, faise cada ano a Novena-Romaría da Virxe do Miragres do Monte Medo.No Santuario,nas suas dependencias e explanada, ten lugar una manifestación de fervor mariano en todos os sentidos,ritos e obxetos de superstición incluidos:hai misas caixeque a todas as horas, rosarios, encendido de velas, bendición de medallas, exvotos… O tempo,na explanada exterior que está separada da interior por catro portas (tres ó oeste e unha ó nacente) e que esta chea de carballos vellos, móntase una gran feira de postos de todas as razas e coores e toldos, nos que se compra de todo e se come polbo, carne ó caldeiro ou o que cadre, sen que falte o viño do país. Nas porta que seperan as explanadas, e aproveitando o paso de tanta xente, deixanse ver ises persoaxes con deterioros varios requerindo a caridade dos devotos.Sen esquecer ós amigos dos bulsos e bulsillos alleos, que por a conta que lle ten non se deixan ver tanto. Ista,coma tantas outras romarías, ven a amosar que o mundo vallinclanesco das Divinas Palabras e La Corte de los Milagros mantense vivo en Galicia, e moi vivo.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

WorldSpainGalicia

Photo taken in Baños de Molgas, Province of Ourense, Spain

Photo details

  • Uploaded on October 5, 2011
  • © All Rights Reserved
    by pepe oliva
    • Camera: OLYMPUS IMAGING CORP. FE110,X705
    • Taken on 2011/09/08 12:16:25
    • Exposure: 0.011s (1/90)
    • Focal Length: 6.20mm
    • F/Stop: f/3.000
    • ISO Speed: ISO64
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • Flash fired

Groups