Érbedo

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (2)

pepe oliva on November 25, 2011

No os vira por ehí. Dase non ver o que non se espera ver. Saúdos.

© daniel p@redes on November 27, 2011

Hoxe non é unha árbore moi común en Galicia porque as repoboacións masivas relegaron a vexetación autóctona aos espazos máis inaccesibles e recónditos, pero aínda se pode atopar con relativa frecuencia nos vales estreitos de ladeiras esgrevias; tamén na serra do Barbanza. O albedro é unha planta moi utilizada como ornamental en parques e xardíns. O seu froito tarda un ano enteiro en madurar polo que coincide coa floración do ano seguinte. Resulta espectacular en outono, cando florece e amosa unha ostentosa composición de delicadas flores brancas e conspicuos froitos de cor laranxa que despois, en novembro ou decembro, se tornan vermellos cando maduran completamente. O froito do albedro é comestible, pero antes de inxerilo cómpre prestar atención ao nome latino da planta: Arbutus unedo, que nos prevén do que pode pasar se nos excedemos con el. A primeira palabra quere dicir árbore pequena e a segunda deriva do latín unum-edo que significa «comer un». En efecto, o consumo de varias pezas deste doce froito pode producir un intenso efecto laxante. Por outra parte, cando madura e comeza a fermentar na propia árbore pode chegar a emborrachar. Por todo isto non é estraño que os froitos reciban o nome de fartabellacos. De todos os xeitos, en moitas rexións son moi apreciados para facer confeituras e licores. Medio quilo deles, nun litro de boa caña con azucre ao gusto, cravo e canela transfórmanse despois de tres ou catro meses de maceración nun delicioso bebedizo espirituoso.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on November 24, 2011
  • © All Rights Reserved
    by © daniel p@redes

Groups