Froitos de érbedo

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (3)

pepe oliva on November 25, 2011

Tampouco escoitara o nome en galego.Voullo por os meus. Saúdos e gracias.

Eladio Cortizo on November 27, 2011

Érbedo, albedro ou medroñeiro é o nome do arbusto, dáse nas fragas ou no fondo dos soutos. O froito eu sempre lle chamei morogo pero outros dinlle morote ou amorodo. Hai quen llos votaba o bagazo antes de fermentar porque maduros son moi doces e no ribeiro empregábase para facer augardente. Saúdos

© daniel p@redes on November 27, 2011

Eu tamén lle chamei sempre así, pero teño escoitado que eses nomes só valen para as fresas salvaxes. Atopei en internet o seguinte. Saúdos para os dous

MÁIS INFORMACIÓN O érbedo, a pesares de distribuírse por todas as zonas cálidas de Galicia, atopámolo en abundancia no norte de Lugo, onde se cre que se fixeron plantacións para abastecer de carbón vexetal á antiga fundición de potes de Sargadelos, alá polo século XVIII. A máis o carbón servía noutros lugares para ferrerías.

Outra parte da árbore que ten utilidade son os seus froitos, tamén chamados érbedos. Ao madurar en inverno serven de alimento aos animais do bosque pero os humanos tamén lle sacan utilidade pois, ademais de ser comestibles, poden deixarse fermentar para obter bebidas alcólicas, augardente de certa calidade e vinagre. O froito solo xa contén certa cantidade de alcol.

Por último hai que dicir que esta árbore emprégase coma ornamental, dada a fermosura das súas follas, flores e froitos vermellos.

ORIXE DO NOME Érbedo parece ser que vén dunha variante do nome latino ARBUTUS que sería *ARBITǓS, *ERBǏTUS. Arbutus é diminutivo de arbore e significaría arboriño. Outros fano derivar do celta arbois: áspero, rudo, aludindo ás escamiñas dos seus froitos.

OUTROS NOMES Érbado, érbedro, albedro

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on November 25, 2011
  • © All Rights Reserved
    by © daniel p@redes

Groups