Fervenza do Toxa

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (21)

« Previous12Next »
jesussimon on August 1, 2012

Fermosísima.

Domingo Vázquez on August 28, 2012

Este ano estamos os remedios, aber si nos vemos.

Saludos, Domingo

Elisardojm on September 26, 2012

Boas, mandeiche un correo electrónico sobre as túas fotos de San Xoán de Río, quería saber se chegou correctamente e o que che parece. Saúdos, Elisardo

JAVIERTXOn on September 28, 2012

muuuy bonita like

maiscargadadebombo on September 29, 2012

Moitas gracias Jesus

Saúdos, Juan

maiscargadadebombo on September 29, 2012

Domingo, que mágoa non te vin... a ver se para a próxima

Saúdos, Juan

maiscargadadebombo on September 29, 2012

Elisardo. Non me chegou nada. Vólvemo enviar ou mándame unha mensaxe por aquí

Saúdos, Juan

maiscargadadebombo on September 29, 2012

Javier Moitas gracias

Saúdos, Juan

Drosoula P on September 29, 2012

Very beautiful photo! I LIKE it!

Best greetings from Greece!

Elisardojm on September 29, 2012

Hola!, son un editor da Galipedia, http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm, e estamos tentando conseguir algunha imaxe de tódolos concellos de Galicia, só faltan imaxes de 8, http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm/Concellossenimaxe. Resulta que un dos concellos dos que non temos ningunha é o de San Xoán de Rio e atopei que vostede publicou algunhas en Panoramio, por iso quería preguntarlle se lle interesaría cambiar a licenza das mesmas por unha compatible coa da Galipedia. As licenzas aceptabeis na Galipedia son as compatibles coa súa propia: atribución e compartir igual, pode vela nesta páxina: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:TextodaLicenzaCreativeCommonsReco%C3%B1ecemento-CompartirIgual3.0. Se aceptara eu ocuparíame de copiar a imaxe no servidor da Galipedia, indicando a fonte, o autor e a licenza que escolla, de incluíla nos artigos da wiki e logo enviaríalle un correo coas ligazóns ás imaxes e ós artigos por se as quixera revisar e houbese algún erro que tivera eu que amañar.

Espero a súa resposta e se ten algunha dúbida póñase en contacto conmigo e respondereille o mellor que poda.

Saúdos e grazas pola súa atención. Elisardo

maiscargadadebombo on September 29, 2012

Thank You Drosoula

Greetings, Juan

maiscargadadebombo on September 29, 2012

Ola Elisardo. Por min non hai problema. Pero o enlace do que falas " http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:TextodaLicenzaCreativeCommonsReco%C3%B1ecemento-CompartirIgual3.0. " dame erro. Dime como teño que facer Saúdos, Juan

Elisardojm on September 29, 2012

Pois a min a ligazón funcióname ben, tenta copiala e poñela no navegador, http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:TextodaLicenzaCreativeCommonsReco%C3%B1ecemento-CompartirIgual3.0.

As imaxes que tes en Panoramio teñen tódolos dereitos reservados, para que se podan usar na Galipedia teñen que ter unha licenza libre compatible coa enciclopedia. A licenza compatible en Panoramio é a CC-BY-SA, Atribución-Compartir igual, que quere dicir que todos os que usen a foto teñen que indicar quén é o autor da mesma e compartila coa mesma licenza.

Teño que comentarche que esta licenza permite que a xente faga un uso comercial desas fotos, indicando sempre o autor e mantendo a mesma licenza. Tódolos artigos e fotos da Galipedia e do resto de wikipedias teñen esa licenza xa que son enciclopedias libres, podes ver esta licenza nesta ligazón: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:TextodaLicenzaCreativeCommonsReco%C3%B1ecemento-CompartirIgual3.0.

Para cambiar a licenza das túas fotos tes que seleccionala en Panoramio, e na parte da dereita hai un apartado que se chama Detalles e debaixo unha ligazón chamada "[change photo settings]" que tes que premer. Na pantalla que che sae tes que seleccionar "Usar la licencia comercial", logo seleccionar "Algunos derechos reservados", despois seleccionar "Allow commercial use? Sí" e finalmente seleccionar "Allow modifications? Si, mientras se compartan del mismo modo.".

Logo cando me avises eu pasarei as imaxes ó servidor da wikipedia indicando a túa autoría, a túa licencia e unha ligazón á páxina de Panoramio que as conteñen para que todo o que quera poda comprobar tódolos datos e logo poreina no artigo da Galipedia. Cando teña as imaxes pasadas mandareiche as ligazóns por se queres revisar que esté todo correcto e se hai algún problema xa o amaño.

Perdoa polo "tocho", a cousa é sinxela, explicala nun comentario xa é outra cousa :).

Se sigues interesado en compartir con nós as túas fotos agradeceríache que cando teñas as licenzas cambiadas me mandes as ligazóns das imaxes.

Moitas grazas pola túa atención e un saúdo, Elisardo

Don Z on October 1, 2012

╰ Like ╮
Stunning capture!
Best regards, Don Z.

maiscargadadebombo on October 2, 2012

Elisardo como non me convencía eso de deixar abertos os dereitos creei unha nova conta na que so están as fotos de San Xoán de Río sen dereitos. http://www.panoramio.com/user/7194093 Penso que así che vale, non

Saúdos, Juan

maiscargadadebombo on October 2, 2012

Thank you Don Z

Saúdos, Juan

Elisardojm on October 3, 2012

Xenial!, voume poñer estes días a subilas pouco a pouco e cando estén xa che aviso.

Saúdos, Elisardo

maiscargadadebombo on October 4, 2012

Ok. Comentarche que os enlazes que puxeche da wikipedia eu non dou accedido, imaxino que será por non ser usuario. Así que se precisas algunha foto máis que eu poida ter avísame

Saúdos, Juan

Elisardojm on October 8, 2012

Boas!, Xa pasei as túas fotos ó servidor da wikipedia, están nesta ligazón http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:SanXo%C3%A1nde_R%C3%ADo, se queres revisalas e atopas algún erro avísame e amañareino.

Tamén puxen algunhas das imaxes no artigo da Galipedia de San Xoán de Río, http://gl.wikipedia.org/wiki/SanXo%C3%A1ndeR%C3%ADo, no de Domecelle, http://commons.wikimedia.org/wiki/File:79905909PombaldeDomecelle,SanXo%C3%A1ndeR%C3%ADo.jpg e no de San Silvestre, http://commons.wikimedia.org/wiki/File:79905922SanSilvestre,SanXo%C3%A1ndeR%C3%ADo.jpg. Se me indicas datos sobre as parroquias e os lugares das fotos podo poñer algunha máis noutros artigos dese concello. Se non che funcionan as ligazóns que che mando tenta a copialas, completas xa que se houbese un salto de liña hai que copiar a parte do texto que sigue na segunda liña e pegalo, podo enviarchas por correo electrónico.

Moitas grazas por compartir con nós as túas fotos e colaborar con isto na enciclopedia libre. Unha aperta, Elisardo Juncal

tunante80 on December 17, 2012

Unha preciosidade, Like merecido para esta fermosa imaxe natural. Unha aperta.

« Previous12Next »

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on July 31, 2012
  • © All Rights Reserved
    by maiscargadadebombo
    • Camera: NIKON CORPORATION NIKON D60
    • Taken on 2012/05/01 16:04:02
    • Exposure: 10.000s
    • Focal Length: 26.00mm
    • F/Stop: f/25.000
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups