Sta. Mª da Atalaia

Selected for Google Maps and Google Earth

   O 19 de decembro de 1830 naufragou preto da praia de Laxe a goleta Adelaide, de Bristol (Inglaterra), que, na sua travesía as Antillas acercouse a costa para poñerse ó socaire do mal tempo. A forte suduestada rolou a nordeste producindo o afundimento do navío.

     Morreron todos pasaxeiros, e tan só se salvaron o capitán William Dovel, e un membro da sua tripulación; se ben este último finou as poucas horas debido as suas feridas e a falta de medios sanitarios. Os cadáveres apareceron nos seguintes días na praia de Laxe e foron enterrados no Cabo da Area.

     Os corpos da dona e o fillo do capitán apareceron nunhas rochas preto da Atalaia, abrazados xunto ó seu can. Como non eran cristians non se lles permitiu soterralos no cemiterio parroquial. Un veciño de Laxe ofreceulle ó capitán unha pequena leira da sua propiedade que estremaba coa igrexa, para que puderan ser soterrados nai e fillo tal e como habían aparecido esa mañán no pequeno acantilado que había ós pés da Atalaia.

      O capitán permaneceu varios días en Laxe. Ó ano seguinte voltou para mandar construir una lápida, réplica exacta da que se colocou na pequena vila onde vivian os pais da Sra. Dovel. Algúns dicen que seguiu vindo todos os anos para rezar ante a tumba do seu fillo e a sua muller.

Show more
Show less
Save Cancel Want to use bold, italic, links?

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Photo details

  • Uploaded on September 10, 2012
  • © All Rights Reserved
    by © daniel p@redes

Groups