Panoramio is closing. Learn how to back up your data.

Igrexa de Moraime

Mosteiro de San Xián de Moraime: Bieitos, séculos VI-XII. Vencellado ós condes de Traba e logo priorado dependente de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Consérvase a igrexa de planta basilical con tres naves e tres ábsidas. Ten un adro cuberto con escalinata que descende cara á porta principal, flanqueada por tres pares de estatuas-columnas sobre as que descansan tres arquivoltas decoradas coas almas da Apocalípse e uns anciáns músicos. A porta lateral sur, descuberta no ano 1975, presenta capiteis e unha escea da Derradeira Cea no tímpano exterior e un Agnus Dei no reverso. No interior pódense ver restos de pinturas murais que cubrían todo o lateral que representan os sete pecados capitais e a morte. Ademáis da casa reitoral e un pombal, hai restos de sártegos e tuberías. Foron os monxes de Moraime quen impulsaron a cristianización de vellos cultos pagáns que se practicaban onde se ergue o santuario de Nosa Señora da Barca, como as pedras dos Cadrís e de Abalar relacionadas con ritos litolátricos que na simboloxía cristiá representan os restos da embarcación que trouxo á Virxe a Galiza. Segundo a tradición, os condes de Traba esconderon no mosteiro ao futuro rei Afonso VII da súa nai Dona Urraca.

Show more
Show less

Photo details

  • Uploaded on September 15, 2012
  • © All Rights Reserved
    by daniel paredes rodas