Telleira

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

Eladio Cortizo on September 22, 2012

Houbo ata 28 telleiras nas beiras desta enseada, dende Castrelo a O Grove, perfectamente integradas na paisaxe, que tiveron a súa importancia socioeconómica, tanto polo emprego xerado nelas como polo servizo que os seus embarcadoiros prestaban a comunidade. A temporada nas telleiras duraba dende abril a outubro, traballando de sol a sol. Os traballos incluían a extracción do barro, o seu amasado (axudándose de cabalos ou bois), a elaboración da tella ou ladrillo, o secado, a cocción no forno e o transporte en lanchas de vela dende o embarcadoiro. A dureza deste traballo resúmese no dito da xente que o desempeñou: “comemos o pan que amasou o demo”. Os ladrillos e tellas fabricados nas telleiras teñen unha inconfundible aparencia artesanal, de feito que cada peza considerase unha obra única. Mesmo cada telleiro tiña unha marca propia, un remate recoñecible fronte ao traballo doutra cuadrilla. Todo isto permite distinguir estes materiais dos seus equivalentes modernos, moito máis homoxéneos. Baixo a súa rústica aparencia, os aparellos e utensilios empregados nas telleiras amosan adaptacións tecnolóxicas, evolucionando ao longo do tempo. Estes materiais representan un rico patrimonio etnográfico.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Eladio Cortizo
36206 Vigo, España

Photo details

  • Uploaded on September 20, 2012
  • © All Rights Reserved
    by Eladio Cortizo
    • Camera: OLYMPUS IMAGING CORP. VR325,VR320,D725
    • Taken on 2012/09/19 14:38:00
    • Exposure: 0.002s (1/640)
    • Focal Length: 7.87mm
    • F/Stop: f/4.200
    • ISO Speed: ISO80
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups