Antigo Colexio dos Xesuítas

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (1)

Eladio Cortizo on October 12, 2012

O antigo Colexio Apóstolo, logo instituto N'un Alves e máis tarde Colexio de María Inmaculada foi propiedade da Compañía de Xesús. O antigo almacén de importación-exportación da familia Español pasou as mans dos xesuítas en 1875 e dende aquela foron moitos os profesores e eruditos que pasaron pola Pasaxe: o pai Baltasar Merino (botánico) o pai Arguelles (naturalista) ou o pai Eugenio Jalhay (arqueólogo). O colexio da Pasaxe foi xerme da actual Universidade de Deusto e Seminario de Camillas. O colexio contou con medios técnicos dos máis avanzados, instalouse un dos primeiros observatorios de Galicia, o segundo teléfono do Municipio e antes de chegar a luz eléctrica o municipio en 1900 os PP Xesuítas dispuñan de luz eléctrica grazas a un xerador mercado en Alemaña. En 1916 os PP Xesuítas alugaron as instalacións aos PP Xesuítas de Portugal que viñan de ser expulsados do seu país mentres o Colexio Apóstolo Santiago trasladouse a Vigo. Comezan 26 anos de estancia dos xesuítas portugueses en Camposancos, como Instituto N'un Alves, nome que por obriga do goberno español tiveron que substituír polo de Colexio María Inmaculada. Na II República os xesuítas deben abandonalo colexio. Queda nas mans do Estado asumindo o concello obriga de velar pola súa conservación. Durante a guerra funcionou como cárcere chegando a contar con máis de 3000 presos.

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Eladio Cortizo
36206 Vigo, España
WorldSpainGalicia

Photo taken in 36788 A Pasaxe, Pontevedra, Spain

Photo details

  • Uploaded on October 11, 2012
  • © All Rights Reserved
    by Eladio Cortizo
    • Camera: OLYMPUS IMAGING CORP. VR325,VR320,D725
    • Taken on 2012/10/06 11:25:15
    • Exposure: 0.002s (1/640)
    • Focal Length: 4.20mm
    • F/Stop: f/3.000
    • ISO Speed: ISO80
    • Exposure Bias: 0.30 EV
    • No flash

Groups