Capela Prerrománica

Selected for Google Maps and Google Earth

Comments (2)

pepe oliva on January 19, 2013

Unha boa toma.Más estou seguro que fixeche alguha dos detalles.Pagan apena.Son unha antoloxía de pedras castrexas axeitados a capela. Saúdos.

Eladio Cortizo on January 20, 2013

A Capela de San Xes de Francelos é unha pequena e sinxela capela que orixinariamente pertencía a un antigo mosteiro medieval hoxe en día desaparecido. Na actualidade é o resultado de diversas reconstrucións que alteraron totalmente a fábrica orixinal. A súa importancia e valor residen en que nas reconstrucións aproveitáronse elementos decorativos e arquitectónicos prerrománicos procedentes das edificacións anteriores. Os elementos que conforman o vano de acceso a actual capela deberon corresponder ao orixinal arco triunfal que daba paso á ábsida desde a nave, como apuntaron entre outros autores Lorenzo Fernández e García Álvarez. A fachada sitúase ao abeiro dun adro cuberto cun tellado de madeira apoiado sobre pilastras, magníficos vestixios dun estilo pouco conservado en Galiza. A porta principal componse dun arco de ferradura de dovelaxe asimétrico e que se veu modificado coa introdución dun lintel adovelado. O conxunto acusa unha evidente afinidade co estilo visigótico. Nas obras de restauración descubriron que o arco non realiza función construtiva (por dentro hai cachotería, as dovelas non chegan ao interior) polo que se especula que se trate dunha reposición. O arco apoiase sobre dúas semicolumnas de fuste monolítico decoradas con ondulantes motivos vexetais e encostadas ás xambas. A decoración lévanos de novo ao estilo visigodo e o feito de que as columnas se atopen adosadas ás xambas ao arte asturiano prerrománico. Os fustes apóianse en bases compostas por plinto, dous boceis e unha semi-escocia. Os orificios nas basas poderían corresponder á existencia dun cancel de peche. Os capiteis son entregos e en forma de ábaco rectilíneo decorado por catro filas de carnosas follas, pertencendo a unha tipoloxía dexenerada do tipo visigodo. No extremo superior dereito do capitel dereito pódese ver un corpo circular e baixo este outra figura en forma de S. A decoración dos capiteis prolóngase en relevos gravados directamente no perpiaño semellantes aos de San Xoán de Camba (Castro Caldelas). En ambos os lados aparecen representados unha personaxe aureolada montada nun asno que leva na man un posible ramo e figuras con túnicas saíndolle ao paso (dúas no da dereita e unha no da esquerda). Son de talla moi plana co fondo rebaixado e enmárcanse por un resalte recto e axustado as figuras en pé. Sobre a interpretación desta representación existen varias teorías que coinciden en sinalar que se trata de escenas bíblicas: .-Unha primeira teoría defende que representan a Entrada de Xesús en Xerusalén e o outro a Fuxida a Exipto. .-Unha segunda teoría defende que un representa a Entrada de Xesús en Xerusalén e o outro a Balaan detido polo Anxo. .-Unha terceira considera que se trata dun desdobramento da mesma escena, ben a Entrada en Xerusalén ou ben a Fuxida a Exipto. O vano dereito presenta un arco de medio punto e tápase cunha celosía en pedra de 90 cm de ancho e 146,5 cm de alto. A celosía presenta un calado de dúas rosáceas de oito pétalos superpostos e trianguliños intercalados entre as follas, e na cima tres arquiños de ferradura. A celosía enmárcase cunha moldura de 3 cm de ancho cun baquetón soguedado e enmarcado a súa vez por un tallo serpenteante con acios, e no mais alto catro aves enfrontadas por parellas picando nos acios. O estilo ou estilos desta peza dividen aos autores, xa que algúns ven influencias visigodas, outros mozárabes e outros do arte asturiano serodio. Saúdos

Sign up to comment. Sign in if you already did it.

Eladio Cortizo
36206 Vigo, España

Photo details

  • Uploaded on January 18, 2013
  • © All Rights Reserved
    by Eladio Cortizo
    • Camera: OLYMPUS IMAGING CORP. VR325,VR320,D725
    • Taken on 2013/01/16 13:34:44
    • Exposure: 0.033s (1/30)
    • Focal Length: 4.20mm
    • F/Stop: f/3.000
    • ISO Speed: ISO125
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash

Groups