Panoramio is closing. Learn how to back up your data.

Muiño

O MUÍÑO NA CULTURA POPULAR: AS MUIÑADAS Relacionado con tradicións seculares referentes ós distintos tipos de propiedade e de sistemas de uso e cobro, o muíño converteuse nun centro privilexiado para as relacións sociais do pobo, e foi unha inesgotable fonte de inspiración para cantigas, ditos e contos. As xentes ían ó muíño co froito da súa colleita e, mentres moían dedicábanse á conversa e á troula, o que se coñece co nome de muiñadas. Xeralmente celebrábanse pola noite e a elas acudía sobre todo a mocidade. As muiñadas, como as fiadas, os velorios, as pitanzas e as confrarías estiveron sempre profundamente arraigadas na cultura popular galega pero mal vistas polo clero que as consideraba causa de desordes morais e pecado, chegando a calificalas de xuntanzas infernais. Por tal idea impuxeron medidas represivas e castigos contra delas, sen embargo, non conseguiron que se deixasen de celebrar.

Show more
Show less

Photo details

  • Uploaded on January 23, 2013
  • © All Rights Reserved
    by daniel paredes rodas