Panoramio is closing. Learn how to back up your data.

Cañóns do Sil Dedicada a Ana Mª Scarpellini

Os Canóns do río Sil son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o río Sil, e o río Miño, na zona da Ribeira Sacra. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores[Cómpre referencia]. Esta área natural abrangue os concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, cunha superficie de 5.914 hectáreas[1].

Os seus contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos constitúen un importante atractivo. Os paseos que se poden facer en catamarán son a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m. nalgúns puntos, e con pendentes de máis de 50°, ás veces case verticais.

Nas ladeiras destes montes, e nos arredores, atópase a D.O. Ribeira Sacra, que tamén forma un espectáculo coas viñas nas abas, chegando ata a auga.

Show more
Show less

Photo details

  • Uploaded on April 11, 2013
  • Attribution-Noncommercial-No Derivative Works
    by Antonio Sánchez Lojo
    • Camera: NIKON D3000
    • Taken on 2013/03/30 12:36:21
    • Exposure: 0.004s (1/250)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/8.000
    • ISO Speed: ISO100