Panoramio is closing. Learn how to back up your data.

Ambía: Corpus 2013. Alfombra froral.

Cando chega o maio e o xunio,nos montes e vales de Galicia a vexetación espoupa nun mar de oleaxe verde con cristas de todas as coores,as frores.

As nosas xentes suberon recolleitar iste esboiro festivo nos Maios, Frores e Corpus.Prás procesiós do Corpus, moitas Cidades e Vilas fan Alfombras de Fores que enchen prazas e ruas.

Na parroquia de Ambía siguen a facer cada ano una xigante alfombra de follas de edra,fiuncho,fror de piorno…e pétalos de rosas, gracias a un feixe de vecinos envencellados de querer e saber facer.

Non hai que esquecer que Ambía é una parroquia do centro da provincia de Ourense,na beira esquerda do Arnoia,deitada ó norde do monte da Ambiela e regada por o regato diste mesmo nome. Ambía son una ducia de lugares (As Penas, Pazos, A Fonte,O Calvario,Suatorre,Vilameá,O Viñal, Santa Eufemia,Fondodevila,Outeito, A Esperela e A Acea) nos que a día de hoxe viven non máis de 150 persoas,vellos a mor parte.

Show more
Show less

Photo details

  • Uploaded on June 2, 2013
  • © All Rights Reserved
    by Jose oliva delgado
    • Camera: Canon EOS 400D DIGITAL
    • Taken on 2013/06/02 10:03:10
    • Exposure: 0.002s (1/500)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/5.600
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash