Panoramio is closing. Learn how to back up your data.

Arnuide: Ponte medieval no Arnoia,augas abaixo,dende a veira dereita.

A ponte de Arnuide é a primeira, dende a sua nacenza na Serra de San Mamede, das catro pontes medievais (s. XIII-XIV) que salvan o Alto-Medio Arnoia.

As outras tres son: A Ponte de Molgas (8 km. río abaixo), A Ponte da Pedra (en terras de Ambía e 5 km. río abaixo) e a Ponte de Vilanova de Allariz (8 km. río abaixo).

Augas abaixo de Allariz e xa en terras de Celanova está a Ponte Freixo que ca Ponte do Bibei son as duas pontes romanas que temos ainda en Galicia.

Istas catro pontes medievais teñen en torno a 7,5 m. de alto (10 ó tabuleiro), entre 10 e 12 m. de luz e entre 3 e 4 m. de ancho. A de Arnuide e a da Pedra teñen o arco algo apuntado. Na de Molgas o arco é abocinado. A de Vilanova ten dous arcos caixe parellos e algo apuntados. Os tabuleiros son de lomo de mula, quitado a Ponte da Pedra que é de tabuleiro chao, coma nas pontes romanas, xa que o sitio lle da o xeito.

Poida que istas catro pontes tiveran precedente romano, pero quitando a de Molgas que garda alguns perpiaños romanos na base das cepas, non hai testimuño que o acredite.

Ponte de Molgas.

Ponte da Pedra.

Ponte de Vilanova.

Show more
Show less

Photo details

  • Uploaded on November 13, 2013
  • © All Rights Reserved
    by Jose oliva delgado
    • Camera: Canon EOS 400D DIGITAL
    • Taken on 2013/11/10 17:20:00
    • Exposure: 0.033s (1/30)
    • Focal Length: 18.00mm
    • F/Stop: f/5.600
    • ISO Speed: ISO100
    • Exposure Bias: 0.00 EV
    • No flash