Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Entón...desta ficaches en terra?

Hai un sendeiro que sae de Freáns e vai o pé do río Gorgua que como podes ver ten un bosque autóctono ben interesante.

Segundo información de alguén da vila a ermida de Santo Antonio desmontouse por ampliar a estrada pero xa non se volveu a montar, no seu lugar construíron esa monstruosidade. O lado está o cemiterio nun terreo que era para escola e agora teñen que pagar por os nichos, así é o bispado de Ourense. Saúdos

Calquera día atopas por aí ó sacaúntos hehe

Saúdos

Este debe ser o canastro de Sra. Lola "a andalusa" :)
Saúdos

Eiquí todo o mundo voa, que se o Sereo, a gaivota..., ata o cabalo do portugués ;) Saúdos

Amigo Santiago, teño que confesar que non foi algo intencionado, mais ben un fallo do zoom da cámara dixital, pero como a ti chamoume a atención, velaí o motivo de subir a foto. Saúdos

Isto parece da idade na que os homes aínda andaban con sachos de pau...

« Previous12345678...1112Next »

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups