Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Os veciños dos Mixtos participaban da cultura común as terras galegas e transmontanas e así o vemos nas construccións que nos falan da súa vida cotiá. Muiños para o cereal ou particularmente para tabaco, xa que se consumia en folla ou moido, forno comunitario para forrar gasto de leña, nada despreciable na economía da montaña, obrigando os veciños a poñerse dacordo para cocer todos xuntos. No banco do adro da igrexa de Santiago, reuníanse as autoridades do Couto Mixto, o Xuíz e os Homes de Acordo, dous escollidos por cada aldea entre os veciños, constituindo, polo tanto, unha sociedade altamente comunitaria na que todos os cabeza de familia participaban no goberno. Esta igrexa custodiba a Arca que albergaba os documentos dende tempos medievais, facendo das terras do Couto Mixto un territorio, na práctica, independente. Estaban exentos de impostos os reinos, decidian as súas normas e tiñan o seu propio tribunal. Esa Arca abríase con tres chaves, cada unha custodiada nunha das tres aldeas que conformaban o Couto Mixto. Estes direitos foron abolidos en 1864 cando os estados español e portugues definiron as suas fronteiras e remataron con esa situación das terras raianas, considerada por eles irregular.

Alá polo ano de gracia de mil seiscentos e trinta, era dono do castelo que en Vilanova se ve inda, don Xácome Mazcareñas, señor de catorce vilas. Home de fárragos vellos, na corte do Rei vivia, pois, gallego como hai moitos, dáballe noxo Galicia. Sólo dela se acordaba, si alguha vez o faguia, pra cobrar rendas e foros sin aviso e por xusticia. Por estas falcatruadas todos olleira lle tiñan, e cando cara Madrid, alá polo vrau , saian en carros acugulados diñeiro, graus e fariña, os pobres dos levadores que en aqueles carros vian irse as mizquiñas ganancias con que seus fillos mantiñan, de traballar eslombados, mentres os carretos se iban, quedaban pra sí dicindo: ª"¡Que de solimán che sirvan!" (Curros Enriquez)

Imagem de moita devoção regional e ordenado capitão do Exército Português. Dispõe do maior guarda-roupa da imaginária portuguesa. A sua lenda é do tempo da Guerra da Restauração. No dia de Santa Bárbara ele vai em procissão e din que a imagem está "completa", quer dizer, até pirilau e anexos tem, pois, para a arrancada victoriosa, no âmbito do machismo nacional, ou os tinha no sítio ou a estas horas en Mirando do Douro falava-se mais espanhol do que se fala aos fins-de-semana.

Estou a vingar-me mais uma vez, a olhar esta Geira Romana e os seus marcos delidos. Estou a vingar-me de quantos Césares o mundo ten dado, convencidos de que basta mandar fazer calçadas e pontes, gravar numa coluna a era e o nome, para que a eternidade fique por conta deles." -Miguel Torga..15 de Agosto de 1948-

O Celeiro ou Graneira de Araño,denominado así por ter a base pechada, foi construido a mediados do século XVII, xunto coa casa reitoral, sendo a edificación deste tipo máis grande de Galiza, con 37,05 m de lonxitude, e debido a que a poboación do entorno debia destinar unha parte da sua colleita anual a igrexa, amosando así o alto poder que chegou a acadar o clero rural galego nesa época.

"Gosto de rever certas paisagens, ainda mais do que reler livros. São belas como eles, e nunca envelhecem. O tempo não degrada a linguagem que as exprime. Pelo contrário, enriquece-a, ate, num esforço de perfeição constante que, embora involuntário, parece intencional. Faz alargar a copa de um carvalho, e reforça determinado volume; outoniça precocemente algumas folhas, e embate um pouco a cor afogueada duma encosta; entoira um ribeiro, e gera un lago onde se espalha o perfil dos montes." -Miguel Torga...3 de Agosto de 1959-

As Pesqueiras de Arbo, sempre foron fonte de abundancia. Quizais dos desprendementos naturais das rochas sobre o río Miño aprenderon os devanceiros de "Arabo", quizais, pola riqueza das súas augas, os romanos as perfecionaron outorgándolle a súa forma actual, quizas, pola súa importancia, dende entón o home as explota coas normas de herdeiros.

Os pobres non o ten i os ricos non o dán; quen queira sentar plaza saia á Pedra de Anamán - Esta cantiga refírese a Tomás de Congostras. Di a lenda que era moi bo mozo e tinha a sua guarida na Pena de Anamán. Unha noite foi a roubar, con varios compañeiros, a Reitoral de Lobeira. O crego espertou e comenzou a tiros coiles deica facelos fuxir. Anos despois asaltou ó mesmo párroco na Reitoral de S. Mamede de Grou, pra onde fora trasladado. Colleuno e entón cortoulle as orellas namentras decia:"Eiqui non estamos en Lobeira, señor abade". A raiña de Portugal mandou unha partida contra il.;Atopárono e déronlle morte. Cortáronlle a cabeza e leváronlla a raiña e en canto a ollóu, dixo:"Se soubera que era tan bo mozo non o mandaba matar".

"Tenho como verdade de fé que o homem há-de acabar por reagir contra a massificação planetária em que vai embarcado. A razão e o instinto hão-de acabar por dizer-lhe que todas as flores artificiais do mundo plâstico não valem um lírio dos campos, que todas as químicas laboratoriais não valem a fermentação de un carro de estrume, que todos os apitos imperiosos do progresso não valem o som cordial de um chocalho. Nessa hora redentora, que não deve tardar e, quanto mais tarde , pior, estes santuários serão redescobertos, reconstruídos e digníficados (...)" -Miguel Torga, 17 de Julho de 1976-

Agora tomo o sol. Pero até agora /traballéi cincuenta anos sin sosego. /Comín o pan suando día a día /nun labourar arreo. /Gastéi o tempo co xornal dos sábados, /pasóu a primavera, veu o inverno. /Dinlle o patrón a frol do meu esforzo /i a miña mocedade. Nada teño. /O patrón está rico á miña conta, /eu, á súa, estóu vello. /Ben pensado, o patrón todo mo debe. /Eu non lle debo /nin xiquera iste sol que agora tomo. /Mentras o tomo, espero. - Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra-1975)

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups