Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Carballo do Pelete (San Sebastián do Covelo - A Lama)con 7.25 m de perímetro troncal e máis de 400 anos de idade. É costume regalo con viño o día da festa da Virxe dos Remedios por iso tamén é coñecido como Carballo do Viño.

O Castiñeiro de Pombariños (Castanea sativa), situado no Souto de Rozavales no concello de Manzaneda na provincia de Ourense, é o castiñeiro non podado de maior circunferencia de Galiza, con un perímetro de 13.85 m e una idade estimada de 1100 anos. Árbore incluída no catálogo de árbores senlleiras declarado Patrimonio de Galiza

Nas dúas marxes do río Navea abondan soutos con castiñeiros históricos, tanto en San Xoán do Río como no lado de Trives. En Pena Folenche hai unha ruta dos sequeiros ben interesante pero é en San Martiño de Manzaneda no Souto de Rozavales onde se atopa o castiñeiro de Pumbariños, a árbore de maior perímetro de Galiza e unha idade que sobrepasa os 500 anos. Saúdos

Grazas "elcorty". Mellor explicación non daría eu. Saúdos de Suso.

Trátase dun poboado castrexo da época romana, fundado no século I d.C. con un período de ocupación ate o século V. Hai unha base dun monumento romano da época Flavia e na parte superior destaca a muralla do século I cuxa entrada era flanqueada por dúas torres onde estaban dúas estatuas de dous guerreiros galaicos, hoxe no Museo Municipal de Penafiel. Saúdos

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups