Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Afinal, o Porto, para verdadeiramente honrar o nome que tem, é, primeiro que tudo, este largo regaço aberto para o rio, mas que só do rio se vê, ou então, por estreitas bocas fechadas por muretes, pode o viajante debruçar-se para o ar livre e ter a ilusão de que todo o Porto é a Ribeira.»

José Saramago

A cibela é o cordello que pasa por debaixo da cabeza do animal. Descoñecía o termo chancil, pero, polo que leo, este sería "cada un dos paus laterais do xugo entre os que se mete o pescozo do gando de tiro". Cibela entre chancís, polo tanto. Queda o bautismo completo, elcorty. Un saúdo.

A mimosa, acacia dealbata australiana, introducida nas comarcas vitivinícolas do sur de Galiza para empregar as varas como estacas ou titores das cepas, é unha especie invasora que avanza facilmente en chan agrícola sen labor ou queimado, compite con especies autóctonas e modifica o ecosistema, coa coseguinte perda de valor agrario da terra e declive da biodiversidade. Unha vez establecidas acaparan o entorno, xa que segregan sustancias nas raíces que paralizan o crecemento doutras plantas nativas e as sementes conservan cen anos a capacidade de xerminar, segundo explica Pablo Rodríguez Oitabén, presidente da Asociación Cultural Ecológica de Ridimoas, que alaga a investigación que a doutora Paula Lorenzo e o equipo de Luis Gonzalez realizaron sobre como interfiren ou suprimen outra flora nativa, así coma os métodos para controlar as mimosas que ensaiaron en parcelas de Ridimoas no Ribeiro tras 35 anos de talas e tratamento continuado con herbicida. Recentemente científicos da Universidade de Vigo explicaron en Ribadavia a súa bioloxía e procedemento de control. Erradicar a praga require unha custosa intervención a longo prazo, polo menos 50 anos: hai que cortalas e darlles catro mans de herbicida o primeiro ano para logo aplicar herbicida unha ou dúas veces ao ano, así durante catro anos. Ao cabo de dez anos vai saíndo o monte orixinal. Quitar as mimosas é moi traballoso pero esta leguminosa deixa o chan fértil, moi nitroxenado, por iso o carballo nace de marabilla e xa antes se plantaba nel a viña. Saúdos

Nunha turbeira ao leste do cume de Pena Trevinca (2.127 m), a montaña máis alta da Galiza, nace o río Tera, que discorre por un val aberto por unha lingua glaciar de 20 km de lonxitude, da que a morrena encorou a Lagoa de Seabra, a maior da península de orixe glaciar.

Lumieira, entre outras moitas acepcións, pode ser unha pequena abertura no teito para dar claridade ou servir de escape de fumes, claraboia, fachuco de palla, persoa esclarecida…pero tamén a parte superior das portas ou ventás. Eu non sei moito disto pero, coma ti creo, son curioso e trato de aprender e neste caso gusto máis do termo padieira, termo que emprega Manuel Caamaño no seu libro das Construcións da Arquitectura Popular, de donte tirei, a máis, o da peza dos canastros ou hórreos a que facia referencia. Saúdos

Non se cumpre, non. De todos os xeitos á redundancia, e ao bilinguismo disonante únese o curioso soporte carcerario. Alguén da contorna con vocación, supoño. Un saúdo, elcorty.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups