Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

A freguesía de Eja, cuxo topónimo ven da palabra de orixe celta anégia, que significa río, está situada no local onde existiu unha cidade que foi conquistada aos Suevos pelo rei godo Leovixildo, no ano de 858. Naquel tempo chamábase Civitas Anégia. Tamén se coñece por Entre-os-Rios, por estar situada entre o Douro e o Támega, río que, como ben sabes, nace en Galiza, percorre parte do Norte de Portugal e desemboca neste lugar do río Douro, logo dun percurso de 145 km. Saúdos

Aínda que os de Moreiras digan “Trelle, Trellerma, Xestosa e Mugares, o demo leve eses catro lugares”, fica aí testemuña que paga a pena dar unha volta por esas terras, sen deixar de pasar polo san Bieito de Cova de Lobo que din é o máis milagreiro (cura as verrugas) e o penedo que defende do diaño maligno “O Tangaraño” que, segundo a crenza popular, atacaba os nenos pequenos deixándoos raquíticos e deformes, aínda que eu creo que unha boa alimentación é máis milagreira e cecas por iso vaise perdendo a crenza. Saúdos

O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da freguesía da Alberguería, no concello de Laza. O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea “tam” (de cor escura), que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames. Do nome do río deriva o do pobo dos tamagani, que sen dúbida habitaba o val de Monterrei. O río Támega (Tâmega en portugués), é un río internacional que nace en Galiza, percorre parte do Norte de Portugal e desemboca no río Douro, logo dun percurso de 145 km, sendo o único río galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.Saúdos

Estamos asistindo nos nosos días ó proceso de destrución que padece a arquitectura popular galega, xa sexa a casa vivenda ou as construcións adxectivas, que ligadas a un determinado modo de produción, están a sufrir nos derradeiros anos un permanente proceso de deterioro, tanto polos cambios experimentados no modo de produción, movementos de poboación ou novas pautas ideolóxicas e culturais que este cambio de vida impuxo a comunidade campesiña e, a súa vez, unha febre pseudoculturalista de restauracións para turismo rural que, na maioría dos casos non respecta para nada a tipoloxía da vivenda tradicional galega, asegurando dentro dos muros a súa propiedade privada, impedindo o contacto directo coa xente común e adornando o seu xardín con apeiros e ferramentas de labranza acompañados dun carro, tamén típico, coa súa cabezalla ergueita e, outras veces, un cruceiro do que quen sabe tamén a súa escura procedencia. Saúdos

A Barca é unha aldea formada por unha ducia de vivendas de boa cantería e que era paso obrigado para quen pretendía cruzar o río. Durante a Idade Media pertenceu o mosteiro de Celanova que tiña o negocio dunha barca de pasaxe do río Miño. Este negocio persistiu ate o século XX, xa que nos anos 20 construíse a ponte de pedra e ferro nas inmediacións, Ponte de Filgueira, agora hai outro novo o lado e a parte central de ferro baixárona dende Arnoia polo río coma unha barcaza. Os donos da barca de pasaxe emigraron e posteriormente, coa construción do embalse de Frieira nos anos 70, anegáronse as fincas, o que motivou a compra do pobo por Fenosa e o conseguinte abandono. Agora o Concello e a Consellería de Medio Ambiente pretenden restauralo e convertelo nun pobo turístico ambiental… (estarán armando novos tetos?). Así tamén se anegou o Balneario vello. Fixeron un novo, quizais con financiamento da Deputación e xa esta abandonado con todo o material de construción alí dentro. Saúdos

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups