Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)
« Previous12345678...727728Next »

Eladio Cortizo's conversations

A falla de normas constructivas e alternativas políticas concretas á protección do patrimonio arquitectónico rural, levan a inclusión de materiais como o ladrillo nos hórreos mixtos nos costais donde había madeira, restauración desprovista de técnicas constructivas e da estética tradicional. Os costais son os elementos máis delicados, xa que teñen a función de lograr a axeitada ventilación que, segundo o material de peche, realízase de diversas maneiras: entretecido de vergas no cabazo; celosía construída con pequenas táboas (as doelas ou pontóns) de carballo ou castaño, separadas de 1 a 2 cm. e unidas por un ou dous listóns horizontais (cintas ou faixas), cando é de madeira ou mixto. Cando o material de peche é de pedra, as solucións dependen da súa calidade: pedras irregulares de granito de boas dimensións separadas por rachas que cobren os ocos existentes entre as fiadas superpostas; lousas de xisto entre as que se deixan fendas de ventilación semellantes a troneiras; os construídos con bloques que, na cara inferior levan aberturas horizontais. Con granito de boa calidade, soluciónase a ventilación mediante o uso de pequenos prismas de base rectangular ou cadrada, separados por fendas de 1 ou 2 cm, ou a utilización de estreitos bloques nos que se practican fendas verticais que recordan as doelas dos canastros de madeira, separadas por franxas, pertencendo a este apartado os máis belos exemplares de cantería do pais.Saúdos

Nº1 El Río Tambre...Nº 3 Xardines da Central. Menos mal que é da Consellería de Medio Ambiente, se fose da de Cultura ou Educación podía ser peor.

Para Moralejo Lasso a forma toponímica Foxo derivaría do latín vulgar Fovea, co significado de foxo, buraco ou cova. Precisamente será ao longo da Idade Media cando esta voz se deturpe progresivamente ata dar lugar á voz Foxo (e xunto a el variantes como Foxa, Foxado, Foxacos, Refoxo, Agrafoxo…) para designar unha depresión natural do terreo, pero tamén unha concavidade antrópica realizada cunha finalidade cinexética. Esta utilizábase para a batida de todo tipo de animais salvaxes, nomeadamente o lobo, ao que os batedores ían acosando en dirección ao foxo onde finalmente caía e era morto. En Galiza documéntanse batidas dende a Idade Media, ordenadas ata polos propios arcebispos composteláns, como Xelmírez, sendo castigados aqueles que non concorrían a elas. Saúdos

O santuario de Mixões da Serra é dedicado a Sto. Antonio e nel realizase unha das tradicións máis emblemáticas da rexión, a bendición dos animais, que funciona como atracción turístico-relixiosa e probablemente sexa o único local onde o gando (vacas, cabalos, ovellas, etc) teñen dereito a misa propia e a ser bendicidos. A orixe da tradición está relacionada con a protección que os pastores pedían o santo polos ataques dos lobos os rabaños e tamén por a peste. Foi erguida unha capela aló por o 1607, data inscrita no cruceiro e posteriormente deu orixe o actual santuario de estilo arquitectónico “sui géneris”. Outra das súas curiosidades é o miradoiro construído no cumio de un macizo granítico rodeado por unha “escadaría”. Saúdos

Gracias pola túa cita Elcorty

"AqI ESTAN MIS/HUESOS/ESPERANDO/POR LOS BUESTROS". "COMO TE BES ME/BI I COMO ME BES TE BERAS...". "TALIS/VITA,FINIS ITA...". "A DIOS MI SEÑOR./AqUI REPOSAN/LAS ZENIZAS/DE DN JOSE/RODrIGUEZ/FALLECIO EL DIA/16 DE ENERO DE/1880 SU EDAD/20 AÑOS/LA ESPERA/LE SEA LE-/BE LA GLOrIA SENPITErNA,AME-/N". Seguro que lle gustaría a Nieves Concostrina pra os seus "Pepitafios". Saudos.

"...De pedra o chan/i as reixas/As portas/as cadeas/as fenestras/as olladas/son de pedra..." Unha pedra esí merece verbas de Celso Emilio. Saúdos.

Pois non pensas moito porque Tui, aparte desas instalacións deportivas, é base do Patrulleiro P201 "Cabo Fradera", único barco fluvial da Armada e destinado sempre no Miño, posúe en exclusiva unha pequeba base que, entre outras, ten a misión de manter a navegabilidade do tramo internacional do Río Miño.

Eu penso que se len bastante ben:"ES EL INFIERNO UN PENAR / Y UN PARA SIEMPRE MORIR / QUE NO SE PUEDE SUFRIR / Y NO SE PUEDE ACABAR" e " ALMA QUE HAY INFIERNO SÉ / EN ESTO NO HAY QUE DUDAR / Y QUE DIOS HA DE FALTAR / ANTES QUE FALTE ES DE FÉ".Pero ainda lles rentaba máis o Purgatorio.Saúdos

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups