Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)
« Previous12345678...678679Next »

Eladio Cortizo's conversations

"AqI ESTAN MIS/HUESOS/ESPERANDO/POR LOS BUESTROS". "COMO TE BES ME/BI I COMO ME BES TE BERAS...". "TALIS/VITA,FINIS ITA...". "A DIOS MI SEÑOR./AqUI REPOSAN/LAS ZENIZAS/DE DN JOSE/RODrIGUEZ/FALLECIO EL DIA/16 DE ENERO DE/1880 SU EDAD/20 AÑOS/LA ESPERA/LE SEA LE-/BE LA GLOrIA SENPITErNA,AME-/N". Seguro que lle gustaría a Nieves Concostrina pra os seus "Pepitafios". Saudos.

"...De pedra o chan/i as reixas/As portas/as cadeas/as fenestras/as olladas/son de pedra..." Unha pedra esí merece verbas de Celso Emilio. Saúdos.

Pois non pensas moito porque Tui, aparte desas instalacións deportivas, é base do Patrulleiro P201 "Cabo Fradera", único barco fluvial da Armada e destinado sempre no Miño, posúe en exclusiva unha pequeba base que, entre outras, ten a misión de manter a navegabilidade do tramo internacional do Río Miño.

Eu penso que se len bastante ben:"ES EL INFIERNO UN PENAR / Y UN PARA SIEMPRE MORIR / QUE NO SE PUEDE SUFRIR / Y NO SE PUEDE ACABAR" e " ALMA QUE HAY INFIERNO SÉ / EN ESTO NO HAY QUE DUDAR / Y QUE DIOS HA DE FALTAR / ANTES QUE FALTE ES DE FÉ".Pero ainda lles rentaba máis o Purgatorio.Saúdos

A denominación de ponte romana foi por situarse en principio o paso da Vía Nova ou XVIII do itinerario de Antonino que unía Astorga con Braga. O parecer o vale do río Mao non ofrecía dificultade para ser salvado por esa vía, pero non existen sitios ideais para levantar, con pouca obra, unha ponte adecuada. Por tanto o punto idóneo para cruzar este río está na estrada de Vilariño Frío a Vigueira de Abaixo, uns 250 metros augas arriba da ponte da citada estrada, o lado dun pontón de madeira. Por Vilariño frío pasaba o Camiño Real e a ponte é, posiblemente e coincido contigo, do século XVII polas súas características construtivas. Saúdos

Moi boas, acabo de atopar de casualidade a tua extensa galería. E ante todo felicitarte polo grandioso recorrido que nos amosas das terras galegas e norte de portugal. Notase que che gosta moito sendeirismo. Encantame a tua galería porque amosa eses recunchos máxicos, alonxados das guías turísticas que so o boca a boca consegue achegar ó viaxante. Esta foto é un bo exemplo delo. O outro día achegueime por alí e quedei pampo con esta misteriosa e aillada construcción. Por certo agregote gostosamente os meus fotografos favoritos. Agardo manter contanto contigo e recomendarnos visualmente novos e máxicos lugares. Un saudo dende Ourense.

Interesante comentario elcorty. Xa o faraons facian eso

As mellores terras do Ribeiro quedaron asolagadas no ano 1969 por o encoro de Castrelo de Miño. A paisaxe, traumatizada pola chea, mudou de cara e o río Miño quedou cortado e xamais voltaron a Ourense cidade, subindo o río, os salmóns, nin as anguías, nin os sables, nin os sabalos, nin as lampreas, nin os barbos, nin un longo etc...

Nos anos 60 construíronse grandes encoros que, en beneficio teoricamente dos galegos, ían producir enerxía que despois consumiriamos. O único que se conseguiu foi unha explotación irracional dos nosos recursos. A cola do encoro de Belesar chega a 50 km do muro, asolagando terras fértis e unha fermosa vila na ribeira do Miño, Portomarín, que fora declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1946. Tiña unha ponte romana e unha igrexa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila, pero que aínda así semella estar disconforme co lugar, lonxe do contexto e fora da concordia que tinha cando estaba perto do río. O 9 de xaneiro de 1963 celebrouse por última vez a feira no vello Portomaín, mentras as augas do encoro comenzaban a inundar a milenaria vila. A subida do río, acelerada polas intensas choivas, sorprendeu a moitos veciños que fixeron a mudanza de maneira atropelada e desordenada, que non fixo senón incrementar a consternación xeral, e xerar dias de tristeza e lágrimas. Hoxe todo esta cuberto polas augas do Encoro de Belesar que asolagou tantas realidades vivas.

Cruceiro e Peto das ánimas: Peto de tipo aberto que mostra pegado un enorme e artístico cruceiro que ten tódalas sinais de ser o que inspirou ó escultor Cerviño no Santo Cristo dos Aflixidos de Covelo, pois mostra moitísimas con as deste, coa particularidade que o de Margarida é máis antigo. O tope da cruz vai coroado por unha pomba. Á fronte, Cristo cravado, cunha cabeza case recta e un frade, San Francisco, que se achega a el cun cáliz. O fuste da columna, alto e esvelto, é octogonal e vai minguando de perímetro a medida que se levanta. O capitel mostra por cada lado unha cabeza dun anxo, pero debaixo dos pés de San Salvador ten unha caveira. Cruz cilíndrica da que colga un Cristo baixo o " INRI ". Polo reverso da cruz hai unha virxe, de pé, na que dous anxos sosteñen unha coroa. A metade do pao obsérvanse dúas santas en oposición, unha delas coa palma do martelo. Este cruceiro aparece datado no ano 1794, isto é 105 anos antes de que Cerviño fixese o de Covelo, atopando na distribución artística dos elementos e na simboloxía desta obra os mesmos compoñentes que despois utilizaría o canteiro de Cotobade no monumental cruceiro realizado en 1899 na praza do Concello . O retablo aparece colocado ó pé do varal, sobre un cubo no que se apoia, e pola parte de atrás. É de pedra e sen cores. Nel aparecen Santo Antonio que ata o seu hábito cun cordón do que valen duas ánimas para conseguir liberarse das lápidas do Purgatorio. Nun plano inferior hai tres ánimas máis nas que se percibe claramente o seu estado eclesiástico, pois ben, polo corte especial do pelo ou polos gorros que levan, mirase que se trata dun frade, un bispo e un cura. O ano de construcción aparece por diante, 1794. Mostra certo culto porque o caixón das limosnas aínda funciona. Un peto cun cruceiro non é, sen dúbida, unha grande orixinalidade. Non obstante este tena por estar no peto de ánimas pola parte traseira do cruceiro . A situación normal é ao contrario: o peto sempre por diante.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups