Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da freguesía da Alberguería, no concello de Laza. O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea “tam” (de cor escura), que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames. Do nome do río deriva o do pobo dos tamagani, que sen dúbida habitaba o val de Monterrei. O río Támega (Tâmega en portugués), é un río internacional que nace en Galiza, percorre parte do Norte de Portugal e desemboca no río Douro, logo dun percurso de 145 km, sendo o único río galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.Saúdos

Estamos asistindo nos nosos días ó proceso de destrución que padece a arquitectura popular galega, xa sexa a casa vivenda ou as construcións adxectivas, que ligadas a un determinado modo de produción, están a sufrir nos derradeiros anos un permanente proceso de deterioro, tanto polos cambios experimentados no modo de produción, movementos de poboación ou novas pautas ideolóxicas e culturais que este cambio de vida impuxo a comunidade campesiña e, a súa vez, unha febre pseudoculturalista de restauracións para turismo rural que, na maioría dos casos non respecta para nada a tipoloxía da vivenda tradicional galega, asegurando dentro dos muros a súa propiedade privada, impedindo o contacto directo coa xente común e adornando o seu xardín con apeiros e ferramentas de labranza acompañados dun carro, tamén típico, coa súa cabezalla ergueita e, outras veces, un cruceiro do que quen sabe tamén a súa escura procedencia. Saúdos

A Barca é unha aldea formada por unha ducia de vivendas de boa cantería e que era paso obrigado para quen pretendía cruzar o río. Durante a Idade Media pertenceu o mosteiro de Celanova que tiña o negocio dunha barca de pasaxe do río Miño. Este negocio persistiu ate o século XX, xa que nos anos 20 construíse a ponte de pedra e ferro nas inmediacións, Ponte de Filgueira, agora hai outro novo o lado e a parte central de ferro baixárona dende Arnoia polo río coma unha barcaza. Os donos da barca de pasaxe emigraron e posteriormente, coa construción do embalse de Frieira nos anos 70, anegáronse as fincas, o que motivou a compra do pobo por Fenosa e o conseguinte abandono. Agora o Concello e a Consellería de Medio Ambiente pretenden restauralo e convertelo nun pobo turístico ambiental… (estarán armando novos tetos?). Así tamén se anegou o Balneario vello. Fixeron un novo, quizais con financiamento da Deputación e xa esta abandonado con todo o material de construción alí dentro. Saúdos

Están por todas as esquinas.Moito banco e pouco gusto.E se queres facer algo con xeito,todo son pegas.// Na foto tamén se ve algo nefasto do herdo galego: hasta os canastros se parten.Que é coma se os partira un raio.Saúdos.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups