Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Aló no cume do monte /quen sabe o que ti verás, /pero non olles atrás /e segue sempre de fronte. /Segue subindo á montaña, /benquerido compañero, /que a esta altura do carreiro /con virar nada se gaña. /Con virar nada se gaña, /nin hai nada que gañar, /o mellor sempre é chegar, /a poder ser con compaña. /Seguimos rindo e cantando, /bebendo o viño da vida /coa ledicia compartida /de seguirmos camiñando.

(PERGUICE): Polos anzos de Sampaio /fita o sol ista mañán: /quer mirar as illas Cíes, /mais non as pode mirar. /Érguete, sol perguiceiro, /érguete , que é tempo xa: /devalaron os arrolos /agarimosos do mar, /que o berce da lúa chea /xa está canso de arrolar. /Éguete, sol perguiceiro, /érguete que é tempo xa; /que fuxa a néboa agoirenta /e cante o merlo lanzal. /Érguete, sol perguiceiro, /que teño de ir a pescar! -Xosé M. Álvarez Blázquez

Parabéns por chamar as coisas pelo seu correcto nome... E que por nosso país existe a mania de chamarem guerreiro Lusitano às estátuas de guerreiros GALAICOS.

Lusitanos não é Galaico. Portugal nasceu de parte da Galécia e não da lusitania e, os guerreiros da Galécia são Galaicos. Aliás, os lusitanos e galaicos não se davam especialmente bem...

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups