Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

O Garrano é un tipo de equino ben caracterizado e un importante patrimonio xenético que contribue o mantemento da biodiversidade, valorización de zonas económicas deprimidas, mantemento dos valores do medio rural e padagoxía da natureza, actuando como elemento do medio ambiente que urxe protexer. Descende da fauna glacial paleolítica e de equinos introducidos posteriormente polos celtas, o que deu orixe o cabalo tipo celta das rexións montañosas miñota, galaico-asturiana e vasco-navarra, representado hoxe por: Garrano, Cabalo Galego de Monte, Asturcon, entre outros. A análise etimolóxica da palabra "garrano" reforza a hipótese da influencia celta, pois deriva de garra, vocábulo pre-romano con radical é garr, orixen de garrán e que en céltico gaélico significa cabalo. O longo dos séculos as suas aptitudes naturais foron aproveitadas con éxito na vida rural do sistema agrícola de minifundio. Foi declarada como raza ameazada e hoxe estanse a levar traballos de recuperación da raza pola Asociación de Criadores da Raça Garrana na área da rexión montañosa do noroeste portugués, incluindo grande parte do Parque Nacional Peneda-Gerês.

O millo é un dos productos fundamentais do campo na Galiza e norte de Portugal, o que non é de estrañar se se ten en conta que, en realidade, o que ocorreu foi que veu a sustituir a outra planta semellante: o paínzo. Xa na cultura dos castros era cultivado o paínzo, como o comproba o achádego de sementes torradas destes grans que, procedentes das citanias, se gardan no Museu Leite de Vasconcellos, Portugal. É de supor que o uso do paínzo se non interrompeu xa que o atopamos moito despois citado no século XIII, no Cancioneiro da Vaticana, e a el alude, sen dúbida, unha miniatura das Cántigas de Alfonso X que representa uns canastros cheos de espigas. Foi bastante despois do descubrimento das Americas que veu o millo a Galiza. Polos traballos de Bouza Brey sabemos que o primeiro millo veu no ano 1604 traído polo Almirante Don Gonzalo de Castro e a súa muller Dona Magdalena de Luaces. O millo veu en dúas arcas pelo menos; unha perdeuse no século pasado, mais a outra consérvase en Casariego, no oeste de Asturias, de donde era o Almirante. Este gran trouxérono de Florida e el sementouno na súa terra namentras a muller o facia en Mondoñedo, a súa patria. Pouco a pouco foi inzando o millo e xa no primeiro tercio do século XVII aparece documentado nas provincias de Lugo e a Coruña, entrando na de Ourense xa ben andado o século e non aparecendo quizais nalguhas terras da montaña. Seguramente este gran trouxo consigo o nome indíxena de maíz, mais ese nome non prendeu aquí e déuselle o mesmo que tiña o vexetal ó que viña sustituir: millo. Entón, para distinguir un do outro, modificáronse os nomes, chamándolle o vello paínzo, millo miúdo, millo dos paxaros...e ó novo millón, millote, millo grande, millo gordo, millo graudo e aínda curiosa forma, influida polo nome indíxena, de maínzo. Logo, o ir predominando, quedou o nome de millo para o importado e o de paínzo ou millo miúdo para o outro, que xa hoxe case que non se cultiva, sementándose algún pé por curiosidade nada máis. (Xaquín Lorenzo :A Terra - Editorial Galaxia)

Desaparecem os lameiros, medra a erva brava e un verdor selvático énchenos os olhos. Poucos cultivos e milheirais, o mato verde invade todo, os carvalhos e bidueiros conhecem uma explosom de nova vida multiplicada. As casas habitadas por anciáns que non cultivan a terra e nin vaca, nin porco, nin galinhas tenhen, vense cercadas pola fronde na que inçam as silvas. A natureza, ao non ser intervida e mantida a raia polo humano agrícola no seu laborar arreo, retorna a selva europea arcaica.

A Pedra Formosa é unha peza extraordinaria con decoracións exuberantes e gravados decorativos da idade do ferro, semellantes as atopadas en outros materiais de uso común ou cerámica ornamental. Descoñécese as condicións exactas do seu descubrimento e o nome de "Pedra Formosa", que perdurou, débese a Francisco Craesbeeck, que sobre esta peza escribiu as primeiras liñas e esbozou o primeiro deseño, referindo que teria sido descoberta na Citânia. Foi levada a unha quinta do termo de Sto. Estevão de Briteiros propiedade dun sacerdote e posteriormente trasladada para o adro da igrexa, estando neste local cando Francisco Martins Sarmento a adquiriu e fixo transportar para o alto da Citânia. Hoxe atópase no Museu da Cultura Castreja. A sua función continuou a ser materia de especulacións; crematorios, monumentos funerarios e actualmente considérase que serian balnearios, según un modelo formado por: sala de sauna, quentada por unha cámara con forno adxacente, unha sala intermedia de transición con bancos laterais e un pátio destinado o baño frio.

Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo.... E logo, na serán verdidourada, ao entrar na fraga escura, longal e misteriosa coma un tempo, onde tes o teu leito de fentos e fiúnchos, topar o amor que agarda. (Xosé María Álvarez Blázquez - Canle Segredo)

Os veciños dos Mixtos participaban da cultura común as terras galegas e transmontanas e así o vemos nas construccións que nos falan da súa vida cotiá. Muiños para o cereal ou particularmente para tabaco, xa que se consumia en folla ou moido, forno comunitario para forrar gasto de leña, nada despreciable na economía da montaña, obrigando os veciños a poñerse dacordo para cocer todos xuntos. No banco do adro da igrexa de Santiago, reuníanse as autoridades do Couto Mixto, o Xuíz e os Homes de Acordo, dous escollidos por cada aldea entre os veciños, constituindo, polo tanto, unha sociedade altamente comunitaria na que todos os cabeza de familia participaban no goberno. Esta igrexa custodiba a Arca que albergaba os documentos dende tempos medievais, facendo das terras do Couto Mixto un territorio, na práctica, independente. Estaban exentos de impostos os reinos, decidian as súas normas e tiñan o seu propio tribunal. Esa Arca abríase con tres chaves, cada unha custodiada nunha das tres aldeas que conformaban o Couto Mixto. Estes direitos foron abolidos en 1864 cando os estados español e portugues definiron as suas fronteiras e remataron con esa situación das terras raianas, considerada por eles irregular.

Alá polo ano de gracia de mil seiscentos e trinta, era dono do castelo que en Vilanova se ve inda, don Xácome Mazcareñas, señor de catorce vilas. Home de fárragos vellos, na corte do Rei vivia, pois, gallego como hai moitos, dáballe noxo Galicia. Sólo dela se acordaba, si alguha vez o faguia, pra cobrar rendas e foros sin aviso e por xusticia. Por estas falcatruadas todos olleira lle tiñan, e cando cara Madrid, alá polo vrau , saian en carros acugulados diñeiro, graus e fariña, os pobres dos levadores que en aqueles carros vian irse as mizquiñas ganancias con que seus fillos mantiñan, de traballar eslombados, mentres os carretos se iban, quedaban pra sí dicindo: ª"¡Que de solimán che sirvan!" (Curros Enriquez)

Imagem de moita devoção regional e ordenado capitão do Exército Português. Dispõe do maior guarda-roupa da imaginária portuguesa. A sua lenda é do tempo da Guerra da Restauração. No dia de Santa Bárbara ele vai em procissão e din que a imagem está "completa", quer dizer, até pirilau e anexos tem, pois, para a arrancada victoriosa, no âmbito do machismo nacional, ou os tinha no sítio ou a estas horas en Mirando do Douro falava-se mais espanhol do que se fala aos fins-de-semana.

Estou a vingar-me mais uma vez, a olhar esta Geira Romana e os seus marcos delidos. Estou a vingar-me de quantos Césares o mundo ten dado, convencidos de que basta mandar fazer calçadas e pontes, gravar numa coluna a era e o nome, para que a eternidade fique por conta deles." -Miguel Torga..15 de Agosto de 1948-

O Celeiro ou Graneira de Araño,denominado así por ter a base pechada, foi construido a mediados do século XVII, xunto coa casa reitoral, sendo a edificación deste tipo máis grande de Galiza, con 37,05 m de lonxitude, e debido a que a poboación do entorno debia destinar unha parte da sua colleita anual a igrexa, amosando así o alto poder que chegou a acadar o clero rural galego nesa época.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups