Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Un castro é unha aldea fortificada da época prehistórica denominada Idade de Ferro. Pode dicirse que este tipo de poboados comezaron a xurdir ó redor do século IX a.C. e deixaron de habitarse ó redor do século I d.C.. Algúns foron romanizados e continuaron habitados aínda un tempo máis. Este tipo de ocupacións do territorio, característica de todo o noroeste da Península Ibérica nesta época, singulariza esta área xeográfica con respecto ós territorios próximos, e sirve para designar como cultura castrexa. Neste longo período de tempo erguéronse multitude de castros, probablemente máis de 2000 en toda Galiza e norte de Portugal, aínda que non todos foron ocupados nos mesmos momentos. O seu tamaño é variable, estando en función tanto da época de ocupación como do nivel de desenvolvemento acadado en cada momento por cada castro. En xeral son facilmente recoñecibles por presentar unha serie de estruturas defensivas, como foxos e murallas de pedra e terra, rodeando a superficie habitada, Saúdos

Belo panorama. Like. Obrigado por se juntar ao grupo Parque Nacional da Peneda-Gerês. Lembre-se que as suas fotografias da Peneda-Gerês e do Xurés são sempre bem-vindas lá e que como moderador pode convidar mais membros para o grupo.

Abraço.

Está na illa de Medal, limpárono recentemente, e máis alá da súa estrutura , solidez, simetría e perfección, gústame polos elementos ornamentais, que a mais das cruces acostuman ter símbolos de fertilidade como pináculos e picas, conos, pirámides e outras formas coma torres, reloxos ou figuras de santos e animais. Saúdos

Agradecido pola información (o apelido "sóame").

Base dun Cabaz ou Cabaceiro, que ten a súa orixe na época castrexa en construcións suspendidas formadas por varas entretecidas. Os cabaceiros circulares móntanse sobre unha grade ou bastidor xeralmente de madeira, neste caso de pedra, que fai mesmo de tornarratos, con unha serie de furos ou buracos nos que se poñen unhas varas grosas. Por entre elas vanse tecendo outras e logo entre estas outras máis fracas, facendo que, como nos gueipos, vai a obra tomando forma redonda ó tempo que se aumenta pouco a pouco o diámetro, de tal xeito que o conxunto tome forma de tronco de cono invertido. Cóbrese cunha cuberta cónica de colmo moi lixeira, xa que é preciso retirala para botar no interior a colleita.

O Gran Pirineo ou can de montaña dos Pirineos, non se debe confundir co Mastín dos Pirineos, pois aínda que similar é unha raza totalmente diferente, é unha raza grande e maxestosa usada tradicionalmente para protexer o gando, principalmente as ovellas. É un can de tipo moloso por proceder a raza de Molosia (Epiro; Grecia). O pelaxe e moi groso e a cor xeralmente branca con manchas crema na cara. Unha das características diferenciais é que presenta seis dedos nas patas traseiras en lugar dos cinco habituais, para mellorar a tracción en terreos nevados. É unha raza empregada durante milenios por os pastores vascos no norte dos Pirineos e na parte sur francesa, chegando a ser can oficial da corte francesa ate a desaparición na Revolución Francesa. É leal, valente, excelente gardián e esforzado protector de todo o que considere dentro da familia, chegando a loitar contra osos pardo ate a morte por defender o dono. Son cas independentes, pacientes cos nenos e incapaces de facer mal os donos, pero esta actitude pode mudar cando se trata de defender calquera cousa que considere que está a seu cargo. É un gardián activo, dedicándose a vixiar por os arredores seguindo un patrón concéntrico e volvendo de cando en vez sobre os seus pasos, por iso si se ten nun xardín debe manterse completamente fechado. Son cas independentes e curiosos, o cal lle leva a non aceitar facilmente ordes, ignorando calquera que vaia encontra do seu propio criterio e o seu carácter precavido pode xerar incidentes con estraños. Sen ser agresivo é moi protector, actuando de forma progresiva, comezando con ladridos de advertencia, seguido de gruñidos cada vez máis guturais , chegando ate as ultimas consecuencias se o intruso o ignora, o que non é fácil tendo en conta o seu ladrido. A pesar deso gústalle recibir atencións dos donos, sobre todo dos nenos.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups