Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Cruceiro do Século XX na parroquia de Covas (Santa Cristina), de 3,5 metros de altura aproximadamente, e de deseño novidoso. A base aproveita a elevación do terreo sobre o que se chantaron tres bloques de pedra a modo de chanzos, que rematan nunha plataforma circular sobre a que se ergue o pedestal de planta circular feita con cachote. Dende a parte posterior e inferior sobresaen catorce pedras redondeadas a modo de chanzos facendo unha escaleira de caracol ata preto do remate do varal. O Varal está tallado ao xeito dun penedo, alongado en altura, de corte circular e formas redondeadas. A superficie alisada e punteada. No seu cumio presenta un oco sobre o que se inserta o eixo da cruz cunha cinta horizontal de chumbo enlazando as dúas pezas. No reverso, atopamos un epigrafe: 1994. PAZOS A cruz feita en dúas pezas de corte circular e extremos redondeados ao xeito do varal. Están tamén enlazadas por unha soa cinta transversal de chumbo.

Cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados, aínda que é posible que existan máis baixo a capa de asfalto. O seu varal ten forma octogonal e nel destacan as diferentes imaxes. O seu capitel é de tipo xónico, con volutas. A cruz ten forma cilíndrica e nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Piedade no reverso. O conxunto posúe un altar en forma de mesa no seu anverso.

Situado nun camiño xunto a casa reitoral; trátase dun dos raros exemplares reaproveitados coa inscrición orixinal adicado ao emperador Galerio, e na parte contraria unha dedicatoria a Magnencio. Lese: "D(omino) N(ostro) MAG(no)/MAGN(en)/TIO P(io) F(elici)/INVIC(to) SEMP(er)/AUG(usto)/...NT...", invertido: "IMP(eratori) C(asesari) G(alerio) VAL(erio)", ("O noso señor Magno Magnencio, pío, feliz, invicto, sempre augusto. Dedicouno ...nt..."), ("O césar emperador Galerio Valerio Maximiano").

Cruceiro de Tioira: Érguese en plataforma de tres chanzos cuadrangulares, pedestal esculpindo con escenas do Purgatorio e decoracións alusivas á Paixón con inscricións en marco vexetal nas catro caras. O Fuste ou varal decorado con figuras en relevo de Adán e Eva e imaxes de San Antón e San Roque, rematado con capitel corintio no que descansa unha cruz con destacadas figuras de Cristo crucificado e a coroación da Virxe do Socorro.

Hai un cartaz ali que di foxo pero eu dubido, sen muros converxentes como dan caza o lobo?, e máxime tendo ali os cantís do Sil que podían ser unha desas trampas ou foxos naturais. Por contra os neveiros son pozos con paredes de pedra e unha cuberta de palla ou tella e mesmo no monte de Cabeza de Meda hai tres pozos da neve. Saúdos

Este Encoro é o primeiro que se fixo no Río Miño (1947/1953). Incumpre tódalas normativas para conservar o río. Non ten escala para subir os peixes e supón un corte radical no río.

Tamén se emprega “cortín” para denominar as alvarizas (Abellariza, apiario), construcións que se documentan no occidente asturiano (Os Oscos) e en áreas limítrofes de Galiza e León. Saúdos

Pois madeira e cartos hai , senón fíxate na balaustrada. Cantos cartos dos Fondos Europeos de Desenrolo Rexional (FEDER) gastados en cousas inútiles por a Deputación de Ourense e os Concellos do PP, como tamén podes ver na foto dende o Monte da Ermida.

O pior de todo é o mal gusto. Vale que fodan a ética,pero cando tamén o fan ca estética...pecha o paragoas e que chova.

Saúdos.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups