Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Lumieira, entre outras moitas acepcións, pode ser unha pequena abertura no teito para dar claridade ou servir de escape de fumes, claraboia, fachuco de palla, persoa esclarecida…pero tamén a parte superior das portas ou ventás. Eu non sei moito disto pero, coma ti creo, son curioso e trato de aprender e neste caso gusto máis do termo padieira, termo que emprega Manuel Caamaño no seu libro das Construcións da Arquitectura Popular, de donte tirei, a máis, o da peza dos canastros ou hórreos a que facia referencia. Saúdos

Non se cumpre, non. De todos os xeitos á redundancia, e ao bilinguismo disonante únese o curioso soporte carcerario. Alguén da contorna con vocación, supoño. Un saúdo, elcorty.

Eu tamén lle chamei sempre así, pero teño escoitado que eses nomes só valen para as fresas salvaxes. Atopei en internet o seguinte. Saúdos para os dous

MÁIS INFORMACIÓN O érbedo, a pesares de distribuírse por todas as zonas cálidas de Galicia, atopámolo en abundancia no norte de Lugo, onde se cre que se fixeron plantacións para abastecer de carbón vexetal á antiga fundición de potes de Sargadelos, alá polo século XVIII. A máis o carbón servía noutros lugares para ferrerías.

Outra parte da árbore que ten utilidade son os seus froitos, tamén chamados érbedos. Ao madurar en inverno serven de alimento aos animais do bosque pero os humanos tamén lle sacan utilidade pois, ademais de ser comestibles, poden deixarse fermentar para obter bebidas alcólicas, augardente de certa calidade e vinagre. O froito solo xa contén certa cantidade de alcol.

Por último hai que dicir que esta árbore emprégase coma ornamental, dada a fermosura das súas follas, flores e froitos vermellos.

ORIXE DO NOME Érbedo parece ser que vén dunha variante do nome latino ARBUTUS que sería *ARBITǓS, *ERBǏTUS. Arbutus é diminutivo de arbore e significaría arboriño. Outros fano derivar do celta arbois: áspero, rudo, aludindo ás escamiñas dos seus froitos.

OUTROS NOMES Érbado, érbedro, albedro

Cousa que non pasa só na Texeira senón en tantos concellos espallados polo interior de Galicia. Batimos marcas en número de núcleos deshabitados. Saúdos de Suso.

O mosteiro construíuse no século XII , hoxe atópase en estado ruinoso pois, o desaparecer o convento, converteuse en abadía e posteriormente no 1872 apropiáronse del os Duques de Alba. Foi espoliado e desapareceu o retablo maior do século XVII e pezas arquitectónicas do claustro . A Igrexa, con planta de cruz latina, é dunha nave con tres corpos separados por arcos de medio punto con motivos decorativos. A porta do vello claustro conventual, que da a ese patio, é un claro exemplo gótico, con arco oxival e decoración. Penso que é un patio empedrado máis que unha eira, aínda que seguramente no período que foi abadía aí farían tódalas labores complementarias do campo. (Hai unhas fotos moi boas no Panoramio de Eladio Osorio Montenegro e maiscargadodebombo. Un saúdo, Daniel.

Alá vostede, logo non valen os queixumes. Avisado queda.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups