Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

O santuario de Mixões da Serra é dedicado a Sto. Antonio e nel realizase unha das tradicións máis emblemáticas da rexión, a bendición dos animais, que funciona como atracción turístico-relixiosa e probablemente sexa o único local onde o gando (vacas, cabalos, ovellas, etc) teñen dereito a misa propia e a ser bendicidos. A orixe da tradición está relacionada con a protección que os pastores pedían o santo polos ataques dos lobos os rabaños e tamén por a peste. Foi erguida unha capela aló por o 1607, data inscrita no cruceiro e posteriormente deu orixe o actual santuario de estilo arquitectónico “sui géneris”. Outra das súas curiosidades é o miradoiro construído no cumio de un macizo granítico rodeado por unha “escadaría”. Saúdos

Gracias pola túa cita Elcorty

"AqI ESTAN MIS/HUESOS/ESPERANDO/POR LOS BUESTROS". "COMO TE BES ME/BI I COMO ME BES TE BERAS...". "TALIS/VITA,FINIS ITA...". "A DIOS MI SEÑOR./AqUI REPOSAN/LAS ZENIZAS/DE DN JOSE/RODrIGUEZ/FALLECIO EL DIA/16 DE ENERO DE/1880 SU EDAD/20 AÑOS/LA ESPERA/LE SEA LE-/BE LA GLOrIA SENPITErNA,AME-/N". Seguro que lle gustaría a Nieves Concostrina pra os seus "Pepitafios". Saudos.

"...De pedra o chan/i as reixas/As portas/as cadeas/as fenestras/as olladas/son de pedra..." Unha pedra esí merece verbas de Celso Emilio. Saúdos.

Pois non pensas moito porque Tui, aparte desas instalacións deportivas, é base do Patrulleiro P201 "Cabo Fradera", único barco fluvial da Armada e destinado sempre no Miño, posúe en exclusiva unha pequeba base que, entre outras, ten a misión de manter a navegabilidade do tramo internacional do Río Miño.

Eu penso que se len bastante ben:"ES EL INFIERNO UN PENAR / Y UN PARA SIEMPRE MORIR / QUE NO SE PUEDE SUFRIR / Y NO SE PUEDE ACABAR" e " ALMA QUE HAY INFIERNO SÉ / EN ESTO NO HAY QUE DUDAR / Y QUE DIOS HA DE FALTAR / ANTES QUE FALTE ES DE FÉ".Pero ainda lles rentaba máis o Purgatorio.Saúdos

A denominación de ponte romana foi por situarse en principio o paso da Vía Nova ou XVIII do itinerario de Antonino que unía Astorga con Braga. O parecer o vale do río Mao non ofrecía dificultade para ser salvado por esa vía, pero non existen sitios ideais para levantar, con pouca obra, unha ponte adecuada. Por tanto o punto idóneo para cruzar este río está na estrada de Vilariño Frío a Vigueira de Abaixo, uns 250 metros augas arriba da ponte da citada estrada, o lado dun pontón de madeira. Por Vilariño frío pasaba o Camiño Real e a ponte é, posiblemente e coincido contigo, do século XVII polas súas características construtivas. Saúdos

Moi boas, acabo de atopar de casualidade a tua extensa galería. E ante todo felicitarte polo grandioso recorrido que nos amosas das terras galegas e norte de portugal. Notase que che gosta moito sendeirismo. Encantame a tua galería porque amosa eses recunchos máxicos, alonxados das guías turísticas que so o boca a boca consegue achegar ó viaxante. Esta foto é un bo exemplo delo. O outro día achegueime por alí e quedei pampo con esta misteriosa e aillada construcción. Por certo agregote gostosamente os meus fotografos favoritos. Agardo manter contanto contigo e recomendarnos visualmente novos e máxicos lugares. Un saudo dende Ourense.

Interesante comentario elcorty. Xa o faraons facian eso

As mellores terras do Ribeiro quedaron asolagadas no ano 1969 por o encoro de Castrelo de Miño. A paisaxe, traumatizada pola chea, mudou de cara e o río Miño quedou cortado e xamais voltaron a Ourense cidade, subindo o río, os salmóns, nin as anguías, nin os sables, nin os sabalos, nin as lampreas, nin os barbos, nin un longo etc...

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups