Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Os Peares é unha zona ben definida xeograficamente, moi coñecida e importante en moitos aspectos: medioambiental, cultural, comunicacións, artesanía, vinícola ... A división xeográfica trae consigo división administrativa e algo de división social. O amor mal entendido pola parroquia, concello ou provincia á que un pertence ás veces deriva en comportamentos que acaban sendo un problema para a boa convivencia entre as xentes. Pero qué é Os Peares (pedras que hai fincadas no fondo dun río e que valen para cruzalo)? En cuestión é o seguinte: O Mesón, As Bouzas e O Coitelo, da parroquia de San Xoán de Moura, concello de Nogueira de Ramuín, arciprestado de Terras de Aguiar, diocese e provincia de Ourense; Casdavil e Os Peares, de Santa María de Beacán, do concello da Peroxa, arciprestado de Chaos de Amoeiro-Bubal (o de Bubal foise perdendo), diocese e provincia de Ourense; O Torrón de San Vicente de Pombeiro do concello de Pantón, arciprestado de Amandi-Ferreira de Pantón, diocese e provincia de Lugo, e os lugares da Granxa, Ambasmestas, Cas de Moure, A Regueira, O Vao e Soutelo, da parroquia de San Miguel de Oleiros, concello de Carballedo, arciprestado de Chantada-Carballedo, diocese e provincia de Lugo. É importante aclarar que o poboado de Fenosa que hoxe pertence á zona dos Peares aínda non existía; este empeño só se fixo realidade coas vilas que pertencen a Ourense, tanto na orde civil coma na eclesiástica, no ano 1951. Antes, no ano 1901, enxergárase no lugar da Granxa a capela do Sagrado Corazón e un pequeno camposanto; situouse este na Bouza da Granxa, para ser mellor atendidos os fregueses dos lugares denantes mencionados pertencentes á parroquia de San Miguel de Oleiros, que nos últimos anos aumentara a súa poboación. Con todo, a parroquia titular destes lugares seguiu e segue sendo a todos os efectos eclesiásticos San Miguel de Oleiros. Na actualidade resulta difícil de comprender como un territorio relativamente tan pequeno pertenza a tantos sitios distintos e polo tanto teña un reparto administrativo tan complexo. Saúdos

Grazas "elcorty". Mellor explicación non daría eu. Saúdos de Suso.

Trátase dun poboado castrexo da época romana, fundado no século I d.C. con un período de ocupación ate o século V. Hai unha base dun monumento romano da época Flavia e na parte superior destaca a muralla do século I cuxa entrada era flanqueada por dúas torres onde estaban dúas estatuas de dous guerreiros galaicos, hoxe no Museo Municipal de Penafiel. Saúdos

A Capela de San Xes de Francelos é unha pequena e sinxela capela que orixinariamente pertencía a un antigo mosteiro medieval hoxe en día desaparecido. Na actualidade é o resultado de diversas reconstrucións que alteraron totalmente a fábrica orixinal. A súa importancia e valor residen en que nas reconstrucións aproveitáronse elementos decorativos e arquitectónicos prerrománicos procedentes das edificacións anteriores. Os elementos que conforman o vano de acceso a actual capela deberon corresponder ao orixinal arco triunfal que daba paso á ábsida desde a nave, como apuntaron entre outros autores Lorenzo Fernández e García Álvarez. A fachada sitúase ao abeiro dun adro cuberto cun tellado de madeira apoiado sobre pilastras, magníficos vestixios dun estilo pouco conservado en Galiza. A porta principal componse dun arco de ferradura de dovelaxe asimétrico e que se veu modificado coa introdución dun lintel adovelado. O conxunto acusa unha evidente afinidade co estilo visigótico. Nas obras de restauración descubriron que o arco non realiza función construtiva (por dentro hai cachotería, as dovelas non chegan ao interior) polo que se especula que se trate dunha reposición. O arco apoiase sobre dúas semicolumnas de fuste monolítico decoradas con ondulantes motivos vexetais e encostadas ás xambas. A decoración lévanos de novo ao estilo visigodo e o feito de que as columnas se atopen adosadas ás xambas ao arte asturiano prerrománico. Os fustes apóianse en bases compostas por plinto, dous boceis e unha semi-escocia. Os orificios nas basas poderían corresponder á existencia dun cancel de peche. Os capiteis son entregos e en forma de ábaco rectilíneo decorado por catro filas de carnosas follas, pertencendo a unha tipoloxía dexenerada do tipo visigodo. No extremo superior dereito do capitel dereito pódese ver un corpo circular e baixo este outra figura en forma de S. A decoración dos capiteis prolóngase en relevos gravados directamente no perpiaño semellantes aos de San Xoán de Camba (Castro Caldelas). En ambos os lados aparecen representados unha personaxe aureolada montada nun asno que leva na man un posible ramo e figuras con túnicas saíndolle ao paso (dúas no da dereita e unha no da esquerda). Son de talla moi plana co fondo rebaixado e enmárcanse por un resalte recto e axustado as figuras en pé. Sobre a interpretación desta representación existen varias teorías que coinciden en sinalar que se trata de escenas bíblicas: .-Unha primeira teoría defende que representan a Entrada de Xesús en Xerusalén e o outro a Fuxida a Exipto. .-Unha segunda teoría defende que un representa a Entrada de Xesús en Xerusalén e o outro a Balaan detido polo Anxo. .-Unha terceira considera que se trata dun desdobramento da mesma escena, ben a Entrada en Xerusalén ou ben a Fuxida a Exipto. O vano dereito presenta un arco de medio punto e tápase cunha celosía en pedra de 90 cm de ancho e 146,5 cm de alto. A celosía presenta un calado de dúas rosáceas de oito pétalos superpostos e trianguliños intercalados entre as follas, e na cima tres arquiños de ferradura. A celosía enmárcase cunha moldura de 3 cm de ancho cun baquetón soguedado e enmarcado a súa vez por un tallo serpenteante con acios, e no mais alto catro aves enfrontadas por parellas picando nos acios. O estilo ou estilos desta peza dividen aos autores, xa que algúns ven influencias visigodas, outros mozárabes e outros do arte asturiano serodio. Saúdos

Empanada mental Algúns historiadores sinalan a celebración do III Congreso Nacional de Arqueoloxía levado acabo en Galiza en 1953 coma un referente na renovación científica da arqueoloxía do noso país. Habería moito que dicir ao respecto, pero o que é evidente é que a publicación das actas desas xornadas serve para amosar, de novo, a triste realidade e o patetismo da escopeta nacional, apoiada no nacionalcatolicismo fascistoide. Na introdución das actas atopamos unhas declaracións do presidente do Congreso Nacional de Arqueoloxía, o almirante Bastarreche, salvador de Pontevedra durante o Alzamiento, que, polo seu surrealismo, creo que poden pasar aos anais da memoria histórica da Guerra Civil en Galiza.

"En Pontevedra, en momentos apurados en que se jugaba el interés de España y había que tomar una determinación la tomamos; vinimos al Gobierno Civil donde reinaba un gran desbarajuste, donde todos querían lanzarse a la calle con un arma y nos volvimos a Marín convencidos de que era necesario declarar el estado de guerra. Envié un avión de los que estaban a mis órdenes con una carga de bombas que pesaban diez quilos y que entonces asustaban. Cuando se disparó un cañonazo al aire, aquello se deshizo. Cuando me fui de Pontevedra a mandar a Canarias me hicieron una despedida apoteósica y en un discurso pronunciado desde el balcón del Ayuntamiento dije que volvería al cabo de tres meses, que era lo que se calculaba que duraría nuestra guerra y ofrecí que a su término volvería a Pontevedra a tomar la clásica empanada y el buen vino de la tierra; cualdo volví, tres años después, me obsequiaron en el Lérez con una empanada que tenían que llevarla entre seis personas."

Non, non é Gila nun escenario falando co inimigo, é a banalidade do mal disfrazada de científico, aséptico e rigoroso congreso de arqueoloxía. Unha cita que nos dá idea da realidade científica deste país por aquel entón. A empanada do almirante servía para introducir un encontro nacional en 1953 de Arqueoloxía elitista, conservadora e excluinte do nacionalcatolicismo. A democracia e maila autonomía acadaron, por Lei, amasar unha empanada mental maior ca do almirante e que seguiu cocendo no forno dun auténtico apartheid patrimonial recruándose nos últimos tempos. A participación cidadá seguiu sendo nula en dous eidos sobranceiros da actividade arqueolóxica: 1.- o control de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas (autoestradas, parqués eólicos, redes ferroviarias, gasodutos …) 2.- a posta en valor de xacementos arqueolóxicos. No primeiro dos casos o hermetismo é absoluto e o contexto de obra atópase a marxe totalmente da sociedade, polo que a posibilidade dunha arqueoloxía en comunidade nestes contextos é impensable. No segundo eido de actuación, o da valorización de xacementos e a necesidade de amortizar recursos explica en parte a popularización dos campos de traballo para voluntarios, potenciando a participación na investigación de xente sen formación arqueolóxica como ferramenta de recuperación do patrimonio arqueolóxico de Galiza. Na actualidade, mentres a administración autonómica deseña, planea e executa motu proprio infraestruturas bencelladas co patrimonio cultural de Galiza, como a Cidade da Cultura ou a Rede do Patrimonio Arqueolóxico Galego, constátase, pola súa vez, a activación do asociacionismo de base denunciando agresións sobre o patrimonio arqueolóxico, reclamando o seu uso social e un rol activo na súa xestión e goce. Nos tempos do Facebook e do Twitter, as comunidades locais e a cidadanía en xeral debían tecer redes entre o pasado, o presente e o futuro á marxe da arqueoloxía oficial e a administración, rexeitando actitudes condescendentes propias dos tempos da escopeta nacional. O patrimonio arqueolóxico galego segue en mans de burócratas e expertos que secuestran a información, tutelan o acceso ao patrimonio e adoptan unha actitude paternalista infravalorando a acción dunha sociedade civil que ten todo o dereito a reclamar o seu papel na xestión dun patrimonio que é de todos. (Herdeiros Pola Forza – Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI – Xurxo Ayán/Manuel Gago)

Os que disiparon decontado millóns de euros en cousas das que non se tira proveito dende as deputación, seguen na poltrona mantidos por nos, namentres moitos agora están a pasar penurias por non ter as cousas materiais básicas que se precisan para vivir con dignidade.

Singular Cruceiro con varal reempregando o remate dunha solaina, sinxela cruz con imaxes, situado a veira dun antigo camiño lousado e o dado con inscrición de ruda factura “ESTE CRUCERO PUSO QI GºAºVº DESTE LUG. Aº 1626”

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups