Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

O mosteiro construíuse no século XII , hoxe atópase en estado ruinoso pois, o desaparecer o convento, converteuse en abadía e posteriormente no 1872 apropiáronse del os Duques de Alba. Foi espoliado e desapareceu o retablo maior do século XVII e pezas arquitectónicas do claustro . A Igrexa, con planta de cruz latina, é dunha nave con tres corpos separados por arcos de medio punto con motivos decorativos. A porta do vello claustro conventual, que da a ese patio, é un claro exemplo gótico, con arco oxival e decoración. Penso que é un patio empedrado máis que unha eira, aínda que seguramente no período que foi abadía aí farían tódalas labores complementarias do campo. (Hai unhas fotos moi boas no Panoramio de Eladio Osorio Montenegro e maiscargadodebombo. Un saúdo, Daniel.

Alá vostede, logo non valen os queixumes. Avisado queda.

Louvor a ti, señor dos mil encoros, dos tres millóns de quilovatios-hora; dos trinta millóns, trescentos mil millóns e, outra volta, para arriba, tres mil millóns de quilovatios-semen, Arriba, arriba, sempre arriba! Hai que rubir, sen máis, caia quen caia. Abaixo sóio están os alpabardas. Hai que chegar ó B de Banca-Breva, ó F de Favorito-Fedorento, ó M de Merda-para ti, rapaz, ó R de Roubo–Renda-Rapañota, Ó S de Sociedade-Sucidade, ata o Z de Zume dos teus ósos. Hai que rubir polo alfabeto arriba como ruben as augas polos campos alagando terras, casas, eidos, viñas, touzas e valados ate Portomarín e máis, poño por caso.

Un castro é unha aldea fortificada da época prehistórica denominada Idade de Ferro. Pode dicirse que este tipo de poboados comezaron a xurdir ó redor do século IX a.C. e deixaron de habitarse ó redor do século I d.C.. Algúns foron romanizados e continuaron habitados aínda un tempo máis. Este tipo de ocupacións do territorio, característica de todo o noroeste da Península Ibérica nesta época, singulariza esta área xeográfica con respecto ós territorios próximos, e sirve para designar como cultura castrexa. Neste longo período de tempo erguéronse multitude de castros, probablemente máis de 2000 en toda Galiza e norte de Portugal, aínda que non todos foron ocupados nos mesmos momentos. O seu tamaño é variable, estando en función tanto da época de ocupación como do nivel de desenvolvemento acadado en cada momento por cada castro. En xeral son facilmente recoñecibles por presentar unha serie de estruturas defensivas, como foxos e murallas de pedra e terra, rodeando a superficie habitada, Saúdos

Belo panorama. Like. Obrigado por se juntar ao grupo Parque Nacional da Peneda-Gerês. Lembre-se que as suas fotografias da Peneda-Gerês e do Xurés são sempre bem-vindas lá e que como moderador pode convidar mais membros para o grupo.

Abraço.

Está na illa de Medal, limpárono recentemente, e máis alá da súa estrutura , solidez, simetría e perfección, gústame polos elementos ornamentais, que a mais das cruces acostuman ter símbolos de fertilidade como pináculos e picas, conos, pirámides e outras formas coma torres, reloxos ou figuras de santos e animais. Saúdos

Agradecido pola información (o apelido "sóame").

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups