Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados, aínda que é posible que existan máis baixo a capa de asfalto. O seu varal ten forma octogonal e nel destacan as diferentes imaxes. O seu capitel é de tipo xónico, con volutas. A cruz ten forma cilíndrica e nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Piedade no reverso. O conxunto posúe un altar en forma de mesa no seu anverso.

Situado nun camiño xunto a casa reitoral; trátase dun dos raros exemplares reaproveitados coa inscrición orixinal adicado ao emperador Galerio, e na parte contraria unha dedicatoria a Magnencio. Lese: "D(omino) N(ostro) MAG(no)/MAGN(en)/TIO P(io) F(elici)/INVIC(to) SEMP(er)/AUG(usto)/...NT...", invertido: "IMP(eratori) C(asesari) G(alerio) VAL(erio)", ("O noso señor Magno Magnencio, pío, feliz, invicto, sempre augusto. Dedicouno ...nt..."), ("O césar emperador Galerio Valerio Maximiano").

Cruceiro de Tioira: Érguese en plataforma de tres chanzos cuadrangulares, pedestal esculpindo con escenas do Purgatorio e decoracións alusivas á Paixón con inscricións en marco vexetal nas catro caras. O Fuste ou varal decorado con figuras en relevo de Adán e Eva e imaxes de San Antón e San Roque, rematado con capitel corintio no que descansa unha cruz con destacadas figuras de Cristo crucificado e a coroación da Virxe do Socorro.

Hai un cartaz ali que di foxo pero eu dubido, sen muros converxentes como dan caza o lobo?, e máxime tendo ali os cantís do Sil que podían ser unha desas trampas ou foxos naturais. Por contra os neveiros son pozos con paredes de pedra e unha cuberta de palla ou tella e mesmo no monte de Cabeza de Meda hai tres pozos da neve. Saúdos

Este Encoro é o primeiro que se fixo no Río Miño (1947/1953). Incumpre tódalas normativas para conservar o río. Non ten escala para subir os peixes e supón un corte radical no río.

Tamén se emprega “cortín” para denominar as alvarizas (Abellariza, apiario), construcións que se documentan no occidente asturiano (Os Oscos) e en áreas limítrofes de Galiza e León. Saúdos

Pois madeira e cartos hai , senón fíxate na balaustrada. Cantos cartos dos Fondos Europeos de Desenrolo Rexional (FEDER) gastados en cousas inútiles por a Deputación de Ourense e os Concellos do PP, como tamén podes ver na foto dende o Monte da Ermida.

O pior de todo é o mal gusto. Vale que fodan a ética,pero cando tamén o fan ca estética...pecha o paragoas e que chova.

Saúdos.

Atópase moi cerca da igrexa e a casa reitoral de San Mamede de Piñeiro. Defire do tipo Amaián, que soe ser mixto, feito de madeira e perpiaño regular, e con base de cepas para aguantar a cámara. Este como se pode apreciar está feito con cachotería e perpiaño irregular, e a única ventilación é a que pasa polo medio das pedras, polo tanto pertence ao tipo fisterra, que pasa por ser o máis rústico dos hórreos galegos. Chama a atención o seu gran tamaño, como na maioría que pertencían as reitorais. Os penais son de perpiaño e levan sobrepenas para apartar a auga da chuvia. Dado que está nunha propiedade privada foi imposible determinar o número de cepas, pero o que si se aprecia no medio da maleza e un tornarratos feito como cornixa corrida en toda a súa contorna.

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups