Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

A igrexa de santa Maía de Xanza mandouna construír o arcebispo Xelmírez aló polo século XII. É unha igrexa de catro tramos que sufriu moitas reforma, perdendo gran parte da súa riqueza románica, como as columnas e lintel da porta principal. O campanario está separado e accedese por unha escada de caracol. No interior ten unha pía bautismal e unha imaxe da virxe de pedra do románico tardío. O retablo de madeira policromada é barroco (S. XVIII). Saúdos

Si Observa “Photo details” verá que esa foto foi tomada coa miña cámara Olympus o 1-5-2009, e si ve no índice do Panoramio hai mais fotos desa data no Trilho Vale do Tua con data e hora na que foron tomadas cronoloxicamente. Antes de faces acusacións infórmese. Para que quero eu unha foto súa si teño máis de 20.000 no Panoramio.

A Ponte Anceu salvaba o río Parada, afluente do Oitavén, no camiño dos arrieiros,e del provén o seu nome, pois no s. XVIII coñecíase como río Anceu por discorres pola parroquia de Santo André de Anceu (Ponte Caldelas). Esta fermosa ponte de traza medieval con tallamares apuntados e graduados, foi construída no século XVII. Destaca pola súa curiosa simetría , ningún dos cinco arcos ten a mesma luz. O máis grande ten máis de 11 m. de luz e o máis pequeno só 2,5 m. A calzada da ponte é de rasante alombado e dispón de varios apartadoiros para permitir o cruce de persoas ou carros que coincidían na ponte. A ponte chegou ata hoxe grazas os veciños de Verducido e As Estacas, que en 1828 contrataron a reforma para a culminación da ponte ao que lle faltaban tres arcos, a calzada e o peitoril. O amaño da ponte encargada a mestres canteiros de Cotobade e Caldebergazo (hoxe en día A Lama) custou 5.600 reais de vellón, dos que 2.600 pagaron os veciños de Verducido e 3.000 os de As Estacas. Foi lugar de paso para os arrieiros que coas súas recuas de mulas transportaban sal, tabaco e, especialmente viño do Ribeiro, entre Ribadavia e Pontevedra.

MOINHOS DE VENTO: A localização geográfica, a altitude e a existência de zonas ventosas propiciaram que os habitantes do concelho de Penacova, com uma economia essencialmente agrícola, que privilegiava o cultivo da vinha, da oliveira e de cereais, aproveitassem a força da natureza, construindo engenhos - os Moinhos que, movidos pelo vento (Moinhos de Vento) ou pela força da água (Azenhas) transformavam os cereais em farinha. O Concelho de Penacova possui actualmente um dos maiores núcleos molinológicos do país, encontrando-se espalhados pelos Lugares da Atalhada, Aveleira e Roxo, Gavinhos, Paradela de Lorvão e Portela da Oliveira, 19 moinhos de vento em atividade ou em condições de funcionar.

Os Fornos de Cal No início do século XX Penacova era considerada uma dos maiores produtoras de Cal Parda. A presença de matéria-prima, o calcário, foi um factor determinante para a construção de um conjunto de fornos na região. A maior extracção e produção realizava-se numa aldeia perto de da vila de Penacova - Casal de Santo Amaro. Uma parte destes fornos foi recuperada pelo Centro Recreativo desta localidade, com o apoio da Câmara Municipal de Penacova e foi introduzido um Núcleo Museológico, para homenagear os Cabouqueiros e os Carpinteiros da região.

Trátase dun hórreo tipo Fisterra ou de Rachuela, caracterizado polo uso de pedras pouco traballadas, irregulares e desiguais. Os seus pés son de forma troncocónica e asentan directamente no chan. Carece de remates e de inscricións. O conxunto remata en un teito de tella do país a dúas augas. Ademais de non secar ben o millo, estaba distante da vivenda e era habitual que entraran a roubar nel pola porta ou por o tellado. Na construción dos novos hórreos de cantería tiveron en conta eses problemas a solucionaron achegándoos a casa, construíndo tellados de pedra e portas de ferro.

Viva Eládio. Tal como em Portugal, sobretudo no norte tão ligado a vós pelos laços lingínquos da história, as questões do património são secundarizadas. Tem havido alguma vontade de recuperação desse património, todavia, as coisas vão lentas... Sinto a sua ligação ou interesse pelos aspectos do NOSSO património pois vejo que vem registar fotográficamente as nossas coisas, mesmo deste lado da fronteira. Porém essa fronteira, creio que as pessoas de cá cada vez menos a sentem. Tenho reparado que andou aqui por locais onde mesmo eu ainda não fui. Abraços.

Nótase na portada ese estilo artístico portugués pouco frecuente en Galiza. Saúdos

O pasado 4 de Decembro tivo entrada no rexistro do Parlamento de Galiza o Proxecto de Lei do patrimonio cultural de Galiza. Un texto que no seu conxunto consagran unha maior desprotección do patrimonio e constitúe unha ameza para conservar, preservar e recuperar unha boa parte do rico patrimonio que alberga o noso territorio. Resumo nunha ducia de argumentos as razóns que xustifican que este proxecto de lei é un paso atrás en relación co actual.

1.O Proxecto de Lei de patrimonio cultural de Galiza bebe dunha filosofía caduca e pouco contemporánea. Parten dunha concepción reducida na tipoloxía e cronolóxica que non recolle as novas tendencias e enfoques na xestión do patrimonio. Se ben existe unha ampliación dos tipos de bens patrimoniais existentes, faise de maneira parcial e incompleta. Ademais o Proxecto de Lei carece dunha visión e definición de obxectivos que sexa congruente coa dimensión social do patrimonio que debe impregnar e guiar a actuación en materia de xestión do patrimonio cultural.

2.O Proxecto de lei non parte dunha visión crítica das carencias e deficiencias da xestión do patrimonio, nin tampouco ten diagnose que xustifique o esgotamento da lei actual.

3.O Proxecto de lei desgaleguiza a lexislación en materia de patrimonio. Así elimínase sen xustificación algunha a figura dos inventarios, que nacera xustamente coa vontade de adaptar a protección do patrimonio á realidade galega. Temos un patrimonio moi extenso e diverso que require niveis de protección diferentes, con niveis de protección variados e menos uniformes. Este proxecto traduce os tipos existentes na lexislación española, sen atender as notábeis diferencias que neste ámbito ten o patrimonio galego.

4.O Proxecto de lei valeira as competencias da Xunta de Galiza en materia de protección do patrimonio, derivando estas competencias aos concellos. Unha medida que se xustifica de xeito demagóxico e populista con frases como “seguir protexendo e conservando o patrimonio cultural de costas aos concellos implica, ao cabo, facelo de costas á propia cidadanía; ou mesmo en termos que son ofensivos e impropios dun texto legal, caendo no insulto de quen opine diferente: “Só unha visión paternalista, dirixista e intervencionista pode mirar con desconfianza o papel relevante dos concellos”. O problema de transferir esta competencia aos concellos é que a maior parte non teñen recursos e medios económicos e humanos suficientes para poder facer fronte a novas competencias, nin posibilidade de facelos coas restricións que se lle impoñen por causa das políticas austericidas. Ademais resulta sorprendente e impropio que na exposición de motivos a Xunta deslice prexuízos que deixan entrever que hai unha excesiva protección do patrimonio ou que existe un rexeitamento das e dos galegos á conservación do patrimonio por causa de exercer esta competencia a Xunta de Galiza.

5.O proxecto de lei provoca unha desprotección maior do noso patrimonio, xera maior discrecionalidade e inseguridade xurídica. Sirva como exemplo que mentres se reducen as figuras de protección; créanse dous rexistros de bens culturais (o de bens catalogados e o de BIC), xunto cun terceiro (o Censo do Patrimonio Cultural), sen ningunha relación de xerarquía ou unicidade entre eles. O Censo do Patrimonio Cultural de Galiza na práctica non ten ningún valor xurídico e só vai xerar confusión sobre a súa eficacia e valor xurídico.

6.O Proxecto de lei carece dunha estratexia de participación social na xestión do patrimonio. Pola contra reduce os órganos consultivos e asesores e obvia os enfoques innovadores na xestión do patrimonio que avogan pola democratización e a participación social como claves de éxito na xestión cultural e no papel do patrimonio na cohesión, desenvolvemento sustentábel e xeradores de riqueza...

7.Manteñen de xeito inxustificado os privilexios da Igrexa Católica a través da Comisión Mixta Xunta de Galiza - Igrexa Católica, o que dá lugar a situacións de privilexio duns propietarios/as fronte a outros/as, duns credos relixiosos fronte a outros.

8.Establécese un criterio cronolóxico para identificar determinados elementos como integrantes do patrimonio protexido, mais sen clareza e con variacións non xustificadas. Este camiño deixa fóra de protección múltiples elementos recoñecidos como parte do patrimonio cultural.

9.Séguese sen tratar aos bens arqueolóxicos como bens de dominio público que son, non se asume no proxecto de lei que as escavacións e prospeccións arqueolóxicas son “investigacións”. Resulta irresponsábel que non exista un compromiso orzamentario neste ámbito e se continúe descargando exclusivamente nos particulares o custe redacción de memorias científicas, realización de análises arqueométricas...

10.Non se resolve a problemática do tratamento, conservación estudo e exhibición dos bens arqueolóxicos. Existe un problema real de falta de espazos para a conservación de materiais arqueolóxicos ou centros de investigación. Compre crear un centro ou centros galegos de conservación e tratamento dos materias arqueolóxicos, -arqueoteca-, normativizando e regulando eses centros e prever a dotación dos mesmos.

11.A memoria económico- financeira da lei pon ao descuberto a falta de vontade política de dotar as carencias en materia de protección, posta en valor e promoción do noso patrimonio cultural. De feito esta memoria só prevé adicar 400.000 euros no 2016 á aplicación desta lei e 370.000 euros para 2017 e 2018. Con estes recursos a lei fica en letra morte antes de nacer e anuncia novos recortes nos recursos destinados á xestión do patrimonio cultural.

12.Non se establecen medidas de compensación para as persoas propietarias dos bens culturais protexido, nin se establecen os compromisos da Xunta de Galiza en materia de restauración, conservación, estudo e divulgación do noso patrimonio cultural.

A modo de epílogo só lembrar que a vixente lei de patrimonio naceu con unanimidade, e a que agora propón o PP non só nace de xeito diverxente, senón que ten en contra a todas as entidades e profesionais que traballan neste ámbito. Nestes días post-electorais, nos que o PP descubriu a existencia da palabra diálogo, formulo o desexo -iluso?- de que o practiquen nun ámbito que é tan sensíbel e relevante como é o patrimonio cultural, pois o patrimonio é un ben colectivo, unha herdanza que acollemos e debemos desfrutar no presente, máis sen esquecer a nosa obriga de preservalo para as xeracións futuras. ANA BELÉN PONTÓN MONDELO

« Previous12345678...1415Next »

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups