Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Ainda que a restauración ten o seu aquel, mellor en pé que no chan.

Xa ves, este país vai a golpe de ocorrencias sen reparar en danos. Saúdos

Atópase moi cerca da igrexa e a casa reitoral de San Mamede de Piñeiro. Defire do tipo Amaián, que soe ser mixto, feito de madeira e perpiaño regular, e con base de cepas para aguantar a cámara. Este como se pode apreciar está feito con cachotería e perpiaño irregular, e a única ventilación é a que pasa polo medio das pedras, polo tanto pertence ao tipo fisterra, que pasa por ser o máis rústico dos hórreos galegos. Chama a atención o seu gran tamaño, como na maioría que pertencían as reitorais. Os penais son de perpiaño e levan sobrepenas para apartar a auga da chuvia. Dado que está nunha propiedade privada foi imposible determinar o número de cepas, pero o que si se aprecia no medio da maleza e un tornarratos feito como cornixa corrida en toda a súa contorna.

A fonte está nun recinto rectangular aberto por dúas das súas caras, con tellado a catro augas e feito de cachote. Pecha o recinto unha reixa de ferro cun pequeno portelo. Este dá paso a un espazo empedrado con un rebaixe no chan onde se atopa a fonte que verte por dous canos a unha pía cadrada, dende un gran perpiaño rectangular con unha lousa enriba que nos recorda un altar. Ten no muro enriba da mesa unha figuras en baixo relevo con unha escena de varios personaxes. Está ao lado da capela da Madalena e moi cerca do castro de Piñeiro. Aquí a devoción popular fai que a xente deixe pequenas ofrendas, sobre todo velas e flores, aínda que tamén deixan panos atados á reixa . Atribúenselle as súas augas poderes curativos

Este Entrerríos pertence a parroquia de Santo Isidoro de Posmarcos na Pobra do Caramiñal e parece ser o topónimo de “posmarcos” alude o grupo étnico que habitou esta zona antes da aculturación dos romanos, os celtas “Praestamarici” -celtas de máis aló do Tambre-, dos que aquí se conserva un dos seus poboados fortificados: o Castro da Croa. Saúdos

Foi no seu día pozo ou laga de regar. Do regadío da Ambiela. Cando chegaba pouca auga empozábase pra esí poder regar "á mada",que era como se facía por istes lares.Os tempos de cada eido estaban regulados por días,horas e menutos e a rotación era quincenal.Meu pai sabía de memoria.Agora xa non queda quen,ainda que no rexistro de Allariz ten que haber documentación.

Outro día máis. Saúdos.

Non deixa de ser curioso que esta a deixaran sen rematar cando as outras duas teñen unha labra de moita calidá. Como de alta calidade son as letras visigóticas da Lenda adicatoria a San Salvador,Santa María e Santa Eufemia(as pedras das duas primeiras están dentro da Capela --esí como a Ara Romana e o Cristo románico-- e a terceira está na parede de una casa do outro lado da carretera).

Saúdos.

Muiño do Tío Matulete. De rigueiro. No rigueiro da Ambiela( de Ambía).Cubo en diagonal.Duas rodas;unha de elas encaixada en pedra.

Saúdos.

Foi mágoa, sobor de todo por ter ocasión de coñecernos persoalmente e trocar impresións desa terra que tan ben coñeces, non obstante o caldo de grelos, que neste caso eran de Guamil, tomeino en Baños de Molgas, pois como ben dis esta no seu. Unha aperta.

« Previous12345678...1213Next »

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups