Eladio Cortizo
photos
on Google Maps
views
Andar istes vieiros sin presa e sin arelas, coma quen non tivese na ialma outro degaro que camiñar ás toas, deleixado do mundo, dos homes, das obrigas... Largar os ollos polo campo aberto, a solprender o voo dos papafigos ou a sombra das nubens silandeiras; pór ouvidos no zoar das vespas, na música das herbas que se falan ou na témera orquesta dos penedos. Andar, andar, andar, sin ter conta do tempo nin da vida, e coller o misterio en cada volta; deitarse logo baixo os ameneiros a platicar cos merlos, sabidores do segredo frescor dos canavales. Mergullarse no río a apreixar o tesouro das areas que escintilan ao sol coma brilantes; correr ispido polos outos millos, tripar as herbas e sentir o alento do seu recendo unxir o corpo todo....(Xosé M. Álvarez Blázquez)

Eladio Cortizo's conversations

Este Entrerríos pertence a parroquia de Santo Isidoro de Posmarcos na Pobra do Caramiñal e parece ser o topónimo de “posmarcos” alude o grupo étnico que habitou esta zona antes da aculturación dos romanos, os celtas “Praestamarici” -celtas de máis aló do Tambre-, dos que aquí se conserva un dos seus poboados fortificados: o Castro da Croa. Saúdos

Foi no seu día pozo ou laga de regar. Do regadío da Ambiela. Cando chegaba pouca auga empozábase pra esí poder regar "á mada",que era como se facía por istes lares.Os tempos de cada eido estaban regulados por días,horas e menutos e a rotación era quincenal.Meu pai sabía de memoria.Agora xa non queda quen,ainda que no rexistro de Allariz ten que haber documentación.

Outro día máis. Saúdos.

Non deixa de ser curioso que esta a deixaran sen rematar cando as outras duas teñen unha labra de moita calidá. Como de alta calidade son as letras visigóticas da Lenda adicatoria a San Salvador,Santa María e Santa Eufemia(as pedras das duas primeiras están dentro da Capela --esí como a Ara Romana e o Cristo románico-- e a terceira está na parede de una casa do outro lado da carretera).

Saúdos.

Muiño do Tío Matulete. De rigueiro. No rigueiro da Ambiela( de Ambía).Cubo en diagonal.Duas rodas;unha de elas encaixada en pedra.

Saúdos.

Foi mágoa, sobor de todo por ter ocasión de coñecernos persoalmente e trocar impresións desa terra que tan ben coñeces, non obstante o caldo de grelos, que neste caso eran de Guamil, tomeino en Baños de Molgas, pois como ben dis esta no seu. Unha aperta.

Ola Daniel. Seguindo as túas fotos e as de Pepe Oliva foi que fixen esta ruta e non me cansarei de visitar estas fermosas terras. Saúdos

Tamén se atopa baixo as forma ortográfica lapiez , constitúe un tipo de morfoloxía que caracteriza o modelado típico das rexións cuxas rochas son susceptibles de ser erosionadas por disolución. É, con todo, un modelado característico dos macizos calcarios onde a rocha está case sempre ó descuberto, debido á existencia dunha escasa vexetación, e onde practicamente toda a auga se infiltra en profundidade, orixinando un rede labrada e máis ou menos densa de sucos profundos, resultando da ampliación das fendas por disolución. Bo ano e un abrazo.

Unha xoia, conviña restaurala pero con criterio. Bo ano para ti tamén, un abrazo.

El momento justo da una espléndida composición.

« Previous12345678...1112Next »

Tags

Friends

  • loading Loading…

 

Eladio Cortizo's groups