You must be logged to access this page

Panoramio contest started. 28 new winners every month

Photos by elcorty : on the map, in Google Earth (KML)

elcorty's conversations

elcorty said:

Que o próximo ano sigamos compartindo fermsas rutas. Feliz 2010


more »
elcorty said:

Nos anos 60 construíronse grandes encoros que, en beneficio teoricamente dos galegos, ían producir enerxía que despois consumiriamos. O único que se conseguiu foi unha explotación irracional dos nosos recursos. A cola do encoro de Belesar chega a 50 km do muro, asolagando terras fértis e unha fermosa vila na ribeira do Miño, Portomarín, que fora declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1946. Tiña unha ponte romana e unha igrexa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila, pero que aínda así semella estar disconforme co lugar, lonxe do contexto e fora da concordia que tinha cando estaba perto do río. O 9 de xaneiro de 1963 celebrouse por última vez a feira no vello Portomaín, mentras as augas do encoro comenzaban a inundar a milenaria vila. A subida do río, acelerada polas intensas choivas, sorprendeu a moitos veciños que fixeron a mudanza de maneira atropelada e desordenada, que non fixo senón incrementar a consternación xeral, e xerar dias de tristeza e lágrimas. Hoxe todo esta cuberto polas augas do Encoro de Belesar que asolagou tantas realidades vivas.


more »
elcorty said:

Si, pode que a situación do Centro Comercial non sexa a mellor, pero eu xa non sei que opinar sobor do tema. O edificio A Laxe está deseñado por un grande arquitecto. Con forma de escuadro e cartabón separados, e a vez unidos, con unha rampla peonil exterior que une a Praza da Princesa con a dársena da Laxe formando unha praza o aire libre. As duas cubertas principais son transitables, con terrazas-miradoiros sobor da ría e a cidade. Construido con materiais predominantes de vidro e aceiro pintado de negro e pavimentación de lousa cómoda de transitar. Se do que se trataba era crear un centro de encontro rodeado de edificios administrativos e de ocio ou recreo, un paseo marítimo, eliminando a circulación rodada, estas premisas cumprense sobradamente. Non sei, para min, o peor do entorno segue a ser o Hotel Bahía.


more »
« Previous1234Next »