Photos by elcorty : on the map, in Google Earth (KML)

elcorty's conversations

tunante80 said:

Moi fermosa imaxe, gústame. Quedan moi ben os reflexos na auga. Coñezo pouco esa parte de Galicia, penso que xa é hora de facer unha visitiña en profundidade. Saúdos.


more »
elcorty said:

Nas dúas marxes do río Navea abondan soutos con castiñeiros históricos, tanto en San Xoán do Río como no lado de Trives. En Pena Folenche hai unha ruta dos sequeiros ben interesante pero é en San Martiño de Manzaneda no Souto de Rozavales onde se atopa o castiñeiro de Pumbariños, a árbore de maior perímetro de Galiza e unha idade que sobrepasa os 500 anos. Saúdos


more »
© daniel p@redes said:

O erial_ ou barbeito sempre estivo ligado á pobreza das aldeas, neles sementaban os que non tiñan terreos propios, que eran moitos...

Saúdos


more »
elcorty said:

Sabes que é tradiçao o Santo Antonio trazer sorte e fortuna , por isso muita gente o tem em casa e os comerciantes tem na loja. Saúdos


more »
© daniel p@redes said:

As ovellas van ben encamiñadas ;) Pura alegoría!

Saúdos


more »
© daniel p@redes said:

Caralluda, o que se di caralluda, é a tua galería ;)

Gracias e saúdos


more »
elcorty said:

Os Peares é unha zona ben definida xeograficamente, moi coñecida e importante en moitos aspectos: medioambiental, cultural, comunicacións, artesanía, vinícola ... A división xeográfica trae consigo división administrativa e algo de división social. O amor mal entendido pola parroquia, concello ou provincia á que un pertence ás veces deriva en comportamentos que acaban sendo un problema para a boa convivencia entre as xentes. Pero qué é Os Peares (pedras que hai fincadas no fondo dun río e que valen para cruzalo)? En cuestión é o seguinte: O Mesón, As Bouzas e O Coitelo, da parroquia de San Xoán de Moura, concello de Nogueira de Ramuín, arciprestado de Terras de Aguiar, diocese e provincia de Ourense; Casdavil e Os Peares, de Santa María de Beacán, do concello da Peroxa, arciprestado de Chaos de Amoeiro-Bubal (o de Bubal foise perdendo), diocese e provincia de Ourense; O Torrón de San Vicente de Pombeiro do concello de Pantón, arciprestado de Amandi-Ferreira de Pantón, diocese e provincia de Lugo, e os lugares da Granxa, Ambasmestas, Cas de Moure, A Regueira, O Vao e Soutelo, da parroquia de San Miguel de Oleiros, concello de Carballedo, arciprestado de Chantada-Carballedo, diocese e provincia de Lugo. É importante aclarar que o poboado de Fenosa que hoxe pertence á zona dos Peares aínda non existía; este empeño só se fixo realidade coas vilas que pertencen a Ourense, tanto na orde civil coma na eclesiástica, no ano 1951. Antes, no ano 1901, enxergárase no lugar da Granxa a capela do Sagrado Corazón e un pequeno camposanto; situouse este na Bouza da Granxa, para ser mellor atendidos os fregueses dos lugares denantes mencionados pertencentes á parroquia de San Miguel de Oleiros, que nos últimos anos aumentara a súa poboación. Con todo, a parroquia titular destes lugares seguiu e segue sendo a todos os efectos eclesiásticos San Miguel de Oleiros. Na actualidade resulta difícil de comprender como un territorio relativamente tan pequeno pertenza a tantos sitios distintos e polo tanto teña un reparto administrativo tan complexo. Saúdos


more »
jesussimon said:

Grazas "elcorty". Mellor explicación non daría eu. Saúdos de Suso.


more »
elcorty said:

Trátase dun poboado castrexo da época romana, fundado no século I d.C. con un período de ocupación ate o século V. Hai unha base dun monumento romano da época Flavia e na parte superior destaca a muralla do século I cuxa entrada era flanqueada por dúas torres onde estaban dúas estatuas de dous guerreiros galaicos, hoxe no Museo Municipal de Penafiel. Saúdos


more »