Photos by © daniel p@redes : on the map, in Google Earth (KML)

© daniel p@redes's conversations

Portokali said:

Hi Dorota Once again beautiful sky and amazing depth! LIKE&FAV Warm greetings, Anna


more »
elcorty said:

Os Peares é unha zona ben definida xeograficamente, moi coñecida e importante en moitos aspectos: medioambiental, cultural, comunicacións, artesanía, vinícola ... A división xeográfica trae consigo división administrativa e algo de división social. O amor mal entendido pola parroquia, concello ou provincia á que un pertence ás veces deriva en comportamentos que acaban sendo un problema para a boa convivencia entre as xentes. Pero qué é Os Peares (pedras que hai fincadas no fondo dun río e que valen para cruzalo)? En cuestión é o seguinte: O Mesón, As Bouzas e O Coitelo, da parroquia de San Xoán de Moura, concello de Nogueira de Ramuín, arciprestado de Terras de Aguiar, diocese e provincia de Ourense; Casdavil e Os Peares, de Santa María de Beacán, do concello da Peroxa, arciprestado de Chaos de Amoeiro-Bubal (o de Bubal foise perdendo), diocese e provincia de Ourense; O Torrón de San Vicente de Pombeiro do concello de Pantón, arciprestado de Amandi-Ferreira de Pantón, diocese e provincia de Lugo, e os lugares da Granxa, Ambasmestas, Cas de Moure, A Regueira, O Vao e Soutelo, da parroquia de San Miguel de Oleiros, concello de Carballedo, arciprestado de Chantada-Carballedo, diocese e provincia de Lugo. É importante aclarar que o poboado de Fenosa que hoxe pertence á zona dos Peares aínda non existía; este empeño só se fixo realidade coas vilas que pertencen a Ourense, tanto na orde civil coma na eclesiástica, no ano 1951. Antes, no ano 1901, enxergárase no lugar da Granxa a capela do Sagrado Corazón e un pequeno camposanto; situouse este na Bouza da Granxa, para ser mellor atendidos os fregueses dos lugares denantes mencionados pertencentes á parroquia de San Miguel de Oleiros, que nos últimos anos aumentara a súa poboación. Con todo, a parroquia titular destes lugares seguiu e segue sendo a todos os efectos eclesiásticos San Miguel de Oleiros. Na actualidade resulta difícil de comprender como un territorio relativamente tan pequeno pertenza a tantos sitios distintos e polo tanto teña un reparto administrativo tan complexo. Saúdos


more »
pepe oliva said:

Un bo sitio pra vivir...e beber. Saúdos.


more »
pepe oliva said:

E decir: auga,música,anguías,pedra e madeira. Un pouco de todo. Saúdos.


more »
pepe oliva said:

Trabuqueime. Quería decir tirabolas . Faguíamolos de sabugueiro e as bolas de miga de bica.


more »
pepe oliva said:

Mentras se vexan terras rotas é que ainda o noso mundo ainda non morreu de todo. Saúdos.


more »
pepe oliva said:

Pois xa vexo o título e tamén que tés mau co mandamáis da Confederación ou co da Xunta (que supoño aprendeu a madar e gardar a roupa por eiquí). Ou cos dous. Pois iso: Ponte daniel p@redes. Saúdos.


more »
© daniel p@redes said:

Ola Pepe! Isto lémbrame que "Deus é bo e o demo non é malo" ou "Es un lobo con piel de cordero"

Ata podería ser un crego cos seus feligreses...

Tanto ten, o caso é que a relación do lobo coa ovella ven de lonxe.

Saúdos


more »
pepe oliva said:

Caixe que se escoitan os rodicios. Saúdos.


more »
pepe oliva said:

En poucos metros,o Miño sai forrado pra pasar po Ourense presumindo. Saúdos.


more »